España

O Consello Social do Catalán denuncia a marxinación do idioma na Xustiza

O Consello denunciou que o Goberno español incumpre os "compromisos asumidos" no Estatuto e ao ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, asumida por 47 Estados membro do Consello de Europa.

Fonte: ABC

Cataluña

Máis de seiscentos sanitarios de Baleares realizaron cursos de catalán para adaptarse ás esixencias do novo decreto

Un total de 632 traballadores sanitarios das illas realizou durante o 2009 algún curso de catalán para adecuarse, así, ás esixencias solicitadas polo Goberno balear no novo decreto que obriga os traballadores a acreditar o nivel B, medida que ocasionou unha gran contestación por parte do sector.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O PNV quere que Radio Televisión Española emita en éuscaro no País Vasco para apoiar esta lingua

O parlamentario do PNV na Cámara vasca Luke Uribe-Etxebarria reclamou que Radio Televisión Española (RTVE) ofreza emisións en éuscaro no País Vasco co fin de contribuír á "normalización" desta lingua.

Fonte: Galicia-Hoxe

País Vasco

O Goberno vasco destina este ano 30.500 euros a impulsar o éuscaro no ámbito xurídico

O Consello de Goberno, a proposta do Departamento de Xustiza e Administración Pública, autorizou a sinatura dun convenio coa Academia Vasca do Dereito (AVD) e o Instituto Vasco da Administración Pública (IVAP) para lograr a normalización do uso do éuscaro no ámbito xurídico.

Fonte: ABC

País Vasco

O BNG critica a ausencia do galego en accións do Instituto Nacional de Estatística

A parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados Olaia Fernández Davila denunciou unha "nova discriminación" da Administración central ao respecto da lingua galega, posto que as enquisas que realiza o Instituto Nacional de Estatística (INE) a través de internet "só están en castelán e catalán" e reclamou estendelo ao idioma propio de Galicia.

Fonte: Galicia-Hoxe

Xeral

O presidente de Cataluña ve "inaceptable" a situación actual do catalán nos cines

O presidente da Generalitat, José Montilla, cualificou de "inaceptable" a situación da lingua catalá nos cines, xa que, a día de hoxe, a súa presenza é só do 3 por cento.

Fonte: Europa Press

Cataluña

A cadea pública Paradores incorpora cartas en braille en máis de 25 restaurantes dos seus establecementos

Paradores presentou as novas cartas en braille para os seus restaurantes, que xa están dispoñibles en "máis de 25 establecementos" da cadea e que proximamente se incorporarán ao resto dos paradores da rede.

Fonte: Nexotur

Xeral

O Concello de San Sebastián organiza cursos de éuscaro dirixidos a hostaleiros e comerciantes

O Padroado Municipal de Éuscaro organiza, en colaboración con diversas asociacións de comercio e hostalería da capital guipuscoana, cursos de aprendizaxe de lingua vasca.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Concello de Madrid adapta as súas probas selectivas ás persoas xordas con intérpretes de lingua nos exames

O Concello de Madrid adaptou lingüisticamente as súas probas selectivas ás persoas xordas mediante a presenza nos exames dun intérprete de lingua de signos e ofrecéndolles máis tempo á hora de realizar a proba, informou o Consistorio madrileño, que subliñou que é a primeira administración en adoptar este tipo de medidas.

Fonte: Europa Press

Madrid

Aumenta o número de falantes de éuscaro en Bilbao

Cada ano crece o número de euscaldúns en Bilbao. Na actualidade este colectivo suma 165.000 persoas, unha cifra á que se chegou tras aumentar un 12 % nos últimos cinco anos. Os falantes de éuscaro son case a metade da cidadanía de Bilbao.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder