España

O ministro de Educación garantirá a presenza das linguas cooficiais nas aulas

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, comprometeuse a garantir a presenza das linguas cooficiais nas aulas, en relación co Pacto Social e Político pola Educación, polo que compareceu na comisión de Educación do Congreso dos Deputados.

Fonte: Europa Press

Xeral

A asociación estremeña Além Guadiana propón medidas para a valorización da lingua e a cultura lusas

Nun documento a asociación propón iniciativas en diversos ámbitos e anima a emprender actuacións que reforcen a singular riqueza cultural dunha localidade, Olivenza, onde é latente o legado portugués.

Fonte: ABC

Estremadura

O Goberno catalán defende ante a Xustiza a súa política de multas lingüísticas

A Generalitat de Catalunya sentou no banco dos acusados para dar explicacións sobre a súa política de sancións aos comercios que non rotulan en catalán.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Editores en catalán apoian a lei do cine para solucionar o "desequilibrio lingüístico"

A Asociación de Editores en Lingua Catalá (AELLC) mostrou o seu apoio á Lei do cine de Cataluña impulsada pola Consellería de Cultura da Generalitat para emendar "o actual desequilibrio lingüístico" na actual oferta de películas.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Cataluña esixiralles o catalán aos novos profesores universitarios

Ter o nivel C de catalán será obrigatorio para os novos profesores no momento de acceder a un posto estable nas universidades catalás ou, nalgúns casos, cando o seu contrato temporal supere o prazo de dous anos.

Fonte: El País

Cataluña

O número de alumnos que estuda árabe en Sevilla duplícase en sete anos

O árabe como lingua e cultura é a intención coa que se implantou o programa de Lingua Árabe e Cultura Marroquí hai sete anos en Sevilla. Desde aquela, o número de alumnos matriculados nesta materia, que se imparte como actividade extraescolar, duplicouse ata alcanzar os 88 estudantes.

Fonte: Diario de Sevilla

Andalucía

O Goberno de Aragón e as Escolas Pías colaboran para fomentar as linguas estranxeiras

A conselleira de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón, María Victoria Broto, e o provincial da Institución Escolas Pías, Javier Negro, asinaron un protocolo de colaboración en materia de educación para desenvolver o estudo de linguas estranxeiras en Aragón.

Fonte: Europa Press

Aragón

Denuncian o ´escaso´ apoio do Principado de Asturias ao asturiano

O portavoz da Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana, Carlos Pulgar, denunciou que desde a chegada de Vicente Alvarez Areces á presidencia do Principado de Asturias, hai dez anos, o apoio á legalización do asturiano foi "escaso".

Fonte: La Nueva España

Asturias

Formentera aposta polo uso do catalán

A Consellería de Educación e Cultura do Consello Insular adheriuse un ano máis á campaña "Ara és la teva. Atén en Català" (Agora é a túa. Atende en catalán), promovida pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno balear.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

O Concello de Bilbao enviará 6.000 folletos para fomentar o éuscaro na familia e a matriculación nesta lingua

O Concello de Bilbao enviará cerca de 6.000 folletos informativos a domicilios de familias con fillos e fillas nacidos entre 2007 e 2008, co obxectivo de sensibilizar os pais e nais sobre a importancia de fomentar o uso do éuscaro no contorno familiar e potenciar a matriculación en modelos de ensino en lingua vasca.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder