España
Un concurso de vídeos dinamizará este ano a campaña para fomentar o éuscaro en Vitoria
O Concello de Vitoria presentou unha nova campaña para promover o éuscaro na cidade, para animar os cidadáns a estudalo e, sobre todo, para que as persoas que xa o coñecen o usen.
Fonte: El Correo Digital
Preséntase a primeira Gramática da lingua de signos española
Tras o recoñecemento legal da lingua de signos española, esta gramática convértese nunha obra de referencia na normalización lingüística deste idioma. Esta publicación, composta por un libro e un DVD, é ademais dunha ferramenta de consulta un recurso fundamental para o seu ensino e aprendizaxe.
Fonte: Europa Press
O Goberno aprobará a creación dun centro para a lingua de signos española
O Goberno aprobará a creación dun centro de normalización lingüística para a lingua de signos o vindeiro mes, segundo anunciou o secretario xeral de Política Social, Francisco Moza.
Fonte: Europa Press
CiU quere que a futura lei de estranxeiría valore o coñecemento do catalán
O proxecto para reformar a lei de estranxeiría chega ao Congreso e CiU xa anunciou que votará en contra das emendas á totalidade. O deputado da federación que se encarga deste, Carles Campuzano, asegura que lle gustaría chegar a un acordo co PSOE e que, ademais, sería desexable un "acordo de fondo" por parte de todos os grupos parlamentarios. Pero que se chegue a un pacto depende en gran parte da importancia que se lle dea ao coñecemento do catalán, é dicir, que se recoñeza como factor de integración.
Fonte: Avui
A iniciativa a prol dun Tuenti en todas as linguas do Estado español xa conta con 12.000 apoios
A campaña, que comezou hai uns meses para solicitarlles aos responsables de Tuenti a inclusión do galego, o catalán e mais o éuscaro, conta xa co apoio de 12.000 persoas.
Fonte: Código Cero
Autobuses de Barcelona levarán unha publicidade en defensa do catalán

Autobuses das liñas 17, 22, 24 e 33 de Barcelona lucirán imaxes da campaña da Plataforma pola Lingua 'El català suma' (O catalán suma), que mostrarán a "inexplicable desigualdade lexislativa" do catalán respecto ao castelán en Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
Esixen en Ceuta tradutores oficiais para médicos que non dominen o español
Os representantes do persoal sanitario entenden que a boa relación entre os pacientes e os médicos estranxeiros que non dominan o idioma español só se podería conseguir coa contratación de tradutores oficiais que eliminen a barreira lingüística á que a miúdo se enfrontan os ceutís.
Fonte: El Pueblo de Ceuta
A Universidade do País Vasco crea un sistema para corrixir erros sintácticos en éuscaro
Unha investigadora da Universidade do País Vasco (UPV) desenvolveu un novo sistema para detectar e corrixir erros sintácticos en éuscaro, denominado Saroi, segundo indicou o citado centro universitario.
Fonte: El Mundo
CiU considera "grotesco" que técnicos do Servizo de Ocupación de Cataluña non falen en catalán
O grupo de CiU no Parlamento de Cataluña considera "grotesco" e "decepcionante" que técnicos do Servizo de Ocupación de Cataluña (SOC) non falen en catalán para atender as consultas que poidan facer os cidadáns.
Fonte: Avui
Unha guía gratuíta ensinará lingua de signos española a familias con fillos xordos
A Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación e a Fundación Solidariedade Carrefour presentaron no Senado a guía Lengua de signos española para familias: aprende de una forma fácil y desde casa.
Fonte: EcoDiario
Boletín
Subscríbase ao boletín