España
O Consello d’a Fabla recupera os cursos de lingua aragonesa
Tras un parón de dous anos, o Consello d’a Fabla Aragonesa recupera os cursos de lingua aragonesa, que se iniciarán a mediados de outubro e terminarán a finais de abril.
Fonte: Radio Huesca
España volve pedirlle ao Parlamento Europeo poder usar as linguas cooficiais
O Goberno español volveu pedirlle ao Parlamento Europeo (PE) que acceda a que as linguas distintas do castelán recoñecidas en España como cooficiais poidan ser utilizadas nos debates parlamentarios.
Fonte: De Luns a Venres
UPyD pide que o castelán sexa a lingua vehicular do ensino
A deputada de UPyD, Rosa Díez, entregoulle ao ministro de Educación, Ángel Gabilondo, unha proposta para a consecución dun pacto educativo na que este partido reclama a necesidade de harmonizar as lexislacións educativas autonómicas e que o castelán sexa a lingua vehicular do ensino en toda España.
Fonte: ADN
A Consellería de Educación da Generalitat de Catalunya garantirá a prioridade do catalán nos libros dixitais

A Consellería de Educación da Generalitat de Catalunya "comezou a traballar" con Digital Text, a editorial responsable da elaboración da práctica totalidade dos libros dixitais, para garantir que o menú de acceso aos manuais estea en lingua catalá.
Fonte: Avui
O Parlamento vasco pedirá máis versión orixinal nas películas emitidas pola televisión pública vasca
Distintos grupos no Parlamento vasco presentaron unha proposición non de lei para instar a EiTB a incluír na súa programación películas en inglés en versión orixinal con subtítulos en castelán ou en éuscaro.
Fonte: Qué
Escola Valenciana lanza unha campaña para promover o uso do valenciano na rúa
A plataforma Escola Valenciana puxo en marcha a campaña Parla'm en valencià (Fálame en valenciano), unha iniciativa que ten como obxectivo a promoción, desde diversos medios de comunicación, do uso do valenciano na rúa.
Fonte: Avui
O Goberno de España ensinaralles catalán aos policías estatais
Os axentes do Corpo Nacional de Policía recibirán formación de lingua catalá. O delegado do Goberno central en Cataluña, Joan Rangel, e o secretario de Política Lingüística, Bernat Joan, reuníronse para examinar as necesidades de formación en catalán dos funcionarios dependentes da Administración central.
Fonte: Avui
O Concello de Eibar pon en marcha o segundo Plan para o uso normalizado do éuscaro
O Concello de Eibar puxo en marcha o segundo Plan para o uso normalizado do éuscaro, co obxectivo de lograr un maior uso da lingua vasca nos seus servizos, tanto en atención á cidadanía como a nivel interno.
Fonte: El Correo Digital
A Generalitat de Catalunya impulsa grupos de conversación de catalán entre inmigrantes
A Generalitat de Catalunya estenderá por todo o territorio catalán unha iniciativa da Coordinadora de Asociacións pola Lingua (CAL) que consiste en impulsar grupos de conversación de catalán entre inmigrantes para integralos na sociedade e fomentar "a creación dunha cultura común".
Fonte: Europa Press
O ministro de Asuntos Exteriores anuncia "próximas xestións" para avanzar no uso das linguas cooficiais na UE
O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Miguel Ángel Moratinos, avanzou que o departamento que dirixe e, máis en concreto a Secretaría de Estado para a UE, emprenderán "próximas xestións" para avanzar no uso das linguas cooficiais de España nas institucións da Unión porque aínda queda "camiño que percorrer" neste aspecto.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín