España
Nace a Fundación Azkue para dotar internet de contidos en éuscaro
Cinco institucións puxeron en marcha a Fundación Azkue que pretende dotar de máis contidos en éuscaro a rede de redes en todo tipo de formatos.
Fonte: El Correo Digital
O orzamento destinado ao uso do éuscaro aumenta o 11 % co fin de chegar a unha Xustiza bilingüe
O Departamento vasco de Xustiza prevé destinar en 2010 un 11 % de diñeiro máis para o uso do éuscaro na Administración de Xustiza, porque «queremos un servizo que poida ser bilingüe na atención ao cidadán», anunciou a conselleira, Idoia Mendia.
Fonte: Diario Vasco
O ministro de Educación descarta que o bérber sexa materia optativa en Melilla
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aclarou que o tamazight, a lingua que fala practicamente a metade dos melilleses, de orixe bérber, non se converterá nunha materia optativa nos centros educativos.
Fonte: Europa Press
A Academia Valenciana da Lingua manifesta a conveniencia de incorporar o valenciano á liturxia

O bispo de Orihuela-Alicante, Rafael Palmero, e a presidenta da Academia Valenciana da Lingua (AVL) mantiveron unha reunión na sede episcopal alacantina para tratar da situación da tradución ao valenciano dos textos litúrxicos que a institución normativa realizou nos últimos anos e manifestar a conveniencia de incorporar o valenciano na liturxia das dioceses da Comunidade Valenciana.
Fonte: La Verdad
Máis de 1.000 escolares estudan galego nos centros de ensino da comarca do Bierzo
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, realizou a súa primeira viaxe institucional á comarca do Bierzo, onde arredor de 1.200 escolares estudan galego nos centros de ensino grazas ao protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León.
Fonte: Xunta de Galicia
O Síndic de Greuges (Valedor do Pobo da Comunidade Valenciana) adaptará a súa páxina web á lingua de signos
O Síndic de Greuges da Comunidade Valenciana (equivalente ao Valedor do Pobo) adaptará a súa páxina web á lingua de signos co obxectivo de facilitar o acceso ás persoas xordas para que, deste modo, poidan deixar as súas queixas e defender os seus intereses, segundo informou a institución nun comunicado.
Fonte: Qué
O Parlamento catalán contrata intérpretes ao castelán para atender unha delegación de Nicaragua
O Parlamento catalán contratou un servizo de interpretación ao castelán para atender, na comisión de Cooperación e Solidariedade, unha delegación de Nicaragua que pedira ser informada sobre a situación da cooperación catalá.
Fonte: La Vanguardia
A Junta de Andalucía impulsa a lei andaluza que regulará o uso da lingua de signos
O Consello de Goberno acordou iniciar a tramitación do anteproxecto da lei que regulará en Andalucía o uso da lingua de signos española e os medios de apoio á comunicación oral das persoas con discapacidade auditiva ou con xordocegueira.
Fonte: ADN
Preséntase no Parlamento de Cataluña a futura lei da lingua de signos catalá
O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, presentou no Parlamento de Cataluña o proxecto de lei da lingua de signos catalá, que "a dignifica como lingua propia, como sistema lingüístico" e que lle outorga "o recoñecemento institucional que merece".
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco asinará un convenio para unificar o éuscaro xurídico
O Goberno vasco asinará un convenio coa Academia Vasca do Dereito e o Instituto Vasco de Administración Pública (IVAP), co fin de "unificar o éuscaro xurídico", dado o "risco" que para a seguridade xurídica dos cidadáns supón a inexistencia de criterios unificados nesta materia.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín