España

A asociación Furmientu denuncia o incumprimento do artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía referido á lingua leonesa

A asociación zamorana Furmientu acaba de amosar o seu descontento pola falta de resposta da Junta de Castilla y León sobre o cumprimento do artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía, onde se fala da protección, uso e promoción do leonés.

Fonte: Asturies.com

Castela e León

O presidente do Parlamento de Cataluña garante o dereito a falar en catalán e castelán na Cámara

O presidente do Parlamento de Cataluña, Ernest Benach, asegurou que garantirá o dereito de calquera deputado ou representante do Goberno a expresarse na Cámara en cualquera das dúas linguas oficiais en Cataluña: o catalán e o castelán.

Fonte: Qué

Cataluña

O Parlamento vasco pide mellorar a formación lingüística do profesorado

O Parlamento vasco instou o Departamento de Educación a que colabore coa Universidade para conseguir unha "mellor formación do profesorado e a mellora da metodoloxía que se vai aplicar no ámbito lingüístico".

Fonte: ADN

País Vasco

Partidarios do catalán na Franxa de Aragón lembran a cooficialidade das linguas minoritarias

Un colectivo de cidadáns partidarios do uso e a conservación da lingua catalá na Franxa de Aragón, encabezados polo filólogo Artur Quintana, afirman, nun manifesto, que a Constitución española de 1978 protexe a cooficialidade das linguas minoritarias no territorio de uso habitual, é dicir, que autoriza a facer cooficiais todas.

Fonte: Europa Press

Aragón

A Junta de Andalucía obrigará ao uso da lingua de signos en centros oficiais

A Junta de Andalucía obrigará ás administracións e aos espazos públicos a dispoñer de intérpretes da lingua de signos, para deste modo mellorar as condicións de accesibilidade das persoas xordas.

Fonte: Andalucía Información

Andalucía

O Goberno vasco conxela o decreto que obrigaba as radios a emitir un 20 % en éuscaro

O decreto do Goberno vasco sobre as novas licenzas de radio en FM pretendía introducir unha cláusula pola cal se obrigaba a emitir un 20 % da programación en éuscaro. Agora, o gabinete socialista decidiu conxelar a iniciativa porque «pode quedar obsoleta» cando entre en vigor a Lei de comunicación audiovisual que se tramita no Congreso dos Deputados.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

A Consellería de Educación canaria e a Embaixada Francesa asinan un protocolo de colaboración sobre programas lingüísticos

A conselleira de Educación, Universidades, Cultura e Deportes do Goberno de Canarias, Milagros Luis Brito, e o embaixador de Francia en España, Bruno Delaye, asinaron un protocolo de colaboración en materia de programas educativos e lingüísticos.

Fonte: Gobierno de Canarias

Illas Canarias

Softastur traduce ao asturiano o paquete informático OpenOffice.org

Softastur está finalizando a versión en asturiano de OpenOffice.org tras dous anos de traballo. A versión asturiana vai estar a disposición dos usuarios de calquera sistema operativo (GNU/Linux, Windows, Mac Os etc.) a partir da versión 3.2.

Fonte: InfoAsturies

Asturias

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña censura as cotas aprobadas sobre o uso do catalán e o aranés nos medios

O Consello do Audiovisual de Catalunya (CAC) defendeu que a Lei da comunicación audiovisual de Cataluña de 2005 lle outorga a potestade de aprobar instrucións sobre as obrigas en relación coa presenza da lingua e a cultura catalás e co aranés na comunicación audiovisual despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) anulase 13 dos 18 artigos da instrución xeral do CAC datadas en 2004 sobre esta materia.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Os promotores do Festival Inquiet esixen vontade política para facer máis cine en valenciano

Os promotores do Festival de Cine en valenciano Inquiet, que cumpre este ano a súa quinta edición e que se celebrará do 19 ao 28 de novembro en Picassent e Valencia, esixen "unha maior vontade política" para facer máis cine en valenciano.

Fonte: ADN

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder