España

Cataluña esixiralles o catalán aos novos profesores universitarios

Ter o nivel C de catalán será obrigatorio para os novos profesores no momento de acceder a un posto estable nas universidades catalás ou, nalgúns casos, cando o seu contrato temporal supere o prazo de dous anos.

Fonte: El País

Cataluña

O número de alumnos que estuda árabe en Sevilla duplícase en sete anos

O árabe como lingua e cultura é a intención coa que se implantou o programa de Lingua Árabe e Cultura Marroquí hai sete anos en Sevilla. Desde aquela, o número de alumnos matriculados nesta materia, que se imparte como actividade extraescolar, duplicouse ata alcanzar os 88 estudantes.

Fonte: Diario de Sevilla

Andalucía

O Goberno de Aragón e as Escolas Pías colaboran para fomentar as linguas estranxeiras

A conselleira de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón, María Victoria Broto, e o provincial da Institución Escolas Pías, Javier Negro, asinaron un protocolo de colaboración en materia de educación para desenvolver o estudo de linguas estranxeiras en Aragón.

Fonte: Europa Press

Aragón

Denuncian o ´escaso´ apoio do Principado de Asturias ao asturiano

O portavoz da Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana, Carlos Pulgar, denunciou que desde a chegada de Vicente Alvarez Areces á presidencia do Principado de Asturias, hai dez anos, o apoio á legalización do asturiano foi "escaso".

Fonte: La Nueva España

Asturias

Formentera aposta polo uso do catalán

A Consellería de Educación e Cultura do Consello Insular adheriuse un ano máis á campaña "Ara és la teva. Atén en Català" (Agora é a túa. Atende en catalán), promovida pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno balear.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

O Concello de Bilbao enviará 6.000 folletos para fomentar o éuscaro na familia e a matriculación nesta lingua

O Concello de Bilbao enviará cerca de 6.000 folletos informativos a domicilios de familias con fillos e fillas nacidos entre 2007 e 2008, co obxectivo de sensibilizar os pais e nais sobre a importancia de fomentar o uso do éuscaro no contorno familiar e potenciar a matriculación en modelos de ensino en lingua vasca.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Máis de 900 alumnos participan no Programa de Inmersión Lingüística de Estremadura

No Programa de Inmersión Lingüística de portugués e inglés en Estremadura participaron 905 alumnos do terceiro ciclo de primaria e o primeiro ciclo de secundaria durante os meses de xullo e agosto, en períodos de doce días.

Fonte: Europa Press

Estremadura

Amoestan a alcaldesa de Alacant por non responder en valenciano a un veciño que elixira esta lingua

O Síndic de Greuges (Valedor do Pobo de Valencia) lembroulle este mes nunha carta á alcaldesa de Alacant a obriga legal de "respectar os dereitos lingüísticos dos administrados" e de responderlles na lingua que estes elixisen, que é o valenciano no caso da queixa que motivou este pronunciamento.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

O 99 % de inmigrantes residentes en Navarra domina o castelán

O 99,3 % da poboación inmigrante residente en Navarra domina o castelán nunha conversa. Así o constata a Enquisa á Poboación Inmigrante 2008, impulsada polo Goberno foral.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

A web do Goberno de Aragón incorpora información sobre o teléfono de emerxencias 112 SOS en lingua de signos española

A información sobre o teléfono de emerxencias 112 SOS Aragón xa é accesible en lingua de signos española (LSE) na páxina web do Goberno de Aragón.

Fonte: Qué

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder