España
O Partido Aragonés esixe eliminar o catalán da Lei de linguas un día antes de votalo nas Cortes
A bases do Partido Aragonés (PAR) esíxenlles aos seus portavoces nas Cortes que se pronuncien claramente en defensa do aragonés da zona oriental e que rexeiten totalmente a inclusión do catalán. De non ser así, consideran que se estarán traizoando as ideas do PAR e de Aragón e que os seus votantes non o perdoarán.
Fonte: El Libre Pensador
As Cortes de Aragón regularán por lei as linguas minoritarias
O Pleno das Cortes de Aragón aprobou a toma en consideración da proposición de lei do Grupo Socialista relativa á protección das linguas minoritarias da comunidade autónoma: o aragonés e o catalán.
Fonte: Europa Press
O Goberno español cuestiona que Cataluña poida eludir por lei a terceira hora de castelán
O Goberno central dirixiuse ao catalán cuestionando que a Generalitat de Catalunya poida fixar os programas e os horarios das ensinanzas non universitarias e crear un corpo propio de catedráticos de secundaria como prevé a lei de educación catalá.
Fonte: El País
O novo conselleiro de Educación de Navarra apoia o acordo polo éuscaro co País Vasco
O novo conselleiro de Educación, Alberto Catalán, apostou por afondar na colaboración co País Vasco iniciada en materia de éuscaro coa sinatura dun protocolo xeral o pasado mes de xullo, "un avance posible grazas ao evidente cambio de actitude no Goberno vasco", segundo Catalán.
Fonte: Diario de Navarra
España ten 2781 intérpretes de lingua de signos, un por cada 143 persoas xordas
En España hai un total de 2781 intérpretes de lingua de signos, entre profesionais acreditados por formación non regrada e titulados de formación regrada, dos que un 25,17 por cento están en activo.
Fonte: EcoDiario
A futura Lei de inmigración de Castela e León incluirá o dereito e a obrigación de coñecer a lingua castelá
A nova Lei de integración dos inmigrantes recollerá o dereito e a obrigación de coñecer e usar a lingua castelá e creará a figura do mediador para facilitar a súa relación coa Administración.
Fonte: Diario de Burgos
Coalición por Melilla pedirá que nos orzamentos xerais do Estado haxa unha partida para un instituto de lingua tamazight
A creación dun instituto da lingua tamazight e a divulgación desta lingua entre o funcionariado melillés son dúas das emendas aos orzamentos xerais do Estado de 2010 que está a preparar Coalición por Melilla (CPM).
Fonte: Melilla Hoy
A Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, reafirma o seu compromiso co éuscaro no seu 90 aniversario
A Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, concluíu as celebracións para conmemorar o 90 aniversario da súa fundación cunha cerimonia na que o seu presidente, Andrés Urrutia, reafirmou o compromiso desta institución co éuscaro e a sociedade.
Fonte: El Correo Digital
O Goberno avoga por impulsar o español no Consello de Europa
O Goberno considera que nas organizacións internacionais nas que o español non é nin lingua oficial nin de traballo, como ocorre no Consello de Europa, a prioridade debe ser promovelo, o que redundará en beneficio de todos os españois e do país no seu conxunto.
Fonte: EcoDiario
O Goberno vasco crea unha comisión para mellorar a atención cidadá en éuscaro
Unha comisión interdepartamental do Goberno vasco analizará a oferta de atención en éuscaro aos cidadáns dos distintos servizos públicos co obxectivo de detectar posibles lagoas e introducir melloras.
Fonte: El Correo Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín