España

Araba é o único punto do País Vasco onde aumenta a euscaldunización de adultos

Mentres que no resto da comunidade autónoma os centros de euscaldunización de adultos perderon adeptos, en Araba non fixeron máis que aumentar o número de alumnos ao longo das últimas dúas décadas. Segundo os últimos datos dispoñibles, contidos no Plan estratéxico do Servizo Foral de Éuscaro, na actualidade hai 1.378 adultos máis aprendendo éuscaro en euskaltegis que 20 anos antes.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

O Instituto das Culturas eleva un 40 % o seu orzamento para divulgar o tamazight

O Instituto das Culturas contará no ano 2010 cun 40 % máis de orzamento, ao pasar dos 500.000 euros de 2009 aos 700.000 euros que terá para realizar o seu labor sobre a protección e divulgación do tamazight ao longo do próximo ano.

Fonte: Melilla Hoy

Melilla

Aumenta o uso do catalán en internet, que se sitúa no 58,67 % das páxinas de Cataluña

A porcentaxe global do uso do catalán en internet sitúase actualmente no 58,67 %, 0,12 puntos porcentuais máis ca no mes anterior, cando se situaba no 58,55 %.

Fonte: Avui

Cataluña

Os medios de comunicación en éuscaro de Navarra quedarán en 2010 sen axudas do Goberno foral

O Goberno foral investirá en 2010 cero euros para promover o éuscaro nos medios de comunicación navarros, o que significa que por primeira vez en 23 anos quedarán sen subvención.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Goberno de Aragón ofertará xa prazas de profesor de catalán e aragonés nas oposicións de 2011

O Goberno de Aragón sacará na próxima convocatoria de oferta de emprego público para profesores de primaria -prevista para 2011- prazas de profesor de catalán e aragonés.

Fonte: Heraldo

Aragón

Andalucía impulsará o árabe como segunda lingua estranxeira en secundaria para reforzar a integración dos inmigrantes

A Consellería de Educación da Junta de Andalucía potenciará o estudo do árabe como segunda lingua estranxeira nalgúns institutos de educación secundaria da comunidade andaluza para facilitar a integración do alumnado inmigrante, segundo recolle o III Plan integral para a inmigración en Andalucía 2009-2013 (PIPIA).

Fonte: Siglo XXI

Andalucía

A Universidade do País Vasco ofertará o 90 % dos créditos obrigatorios en éuscaro

O 90% dos créditos obrigatorios da oferta de grao da Universidade do País Vasco poderá cursarse en éuscaro o próximo curso académico 2010-2011.

Fonte: Deia

País Vasco

O Servizo Madrileño de Saúde recibe un premio polo servizo de interpretación de idiomas nas urxencias

A Dirección Xeral de Atención ao Paciente do Servizo Madrileño de Saúde (SERMAS) recibiu o 1º Premio da Fundación Farmaindustria na categoría de Contorno Sanitario polo servizo de interpretación de idiomas nas urxencias dos centros sanitarios públicos da Comunidade de Madrid.

Fonte: Diario Digital del Henares

Madrid

Varios partidos políticos esixen que o pacto educativo estatal respecte a inmersión lingüística

CiU, ERC e ICV-EUiA coincidiron en esixir que o eventual pacto entre o PSOE e o PP en materia educativa respecte o modelo catalán establecido na Lei de educación de Cataluña (LEC), non invada as competencias da Generalitat e respecte a inmersión lingüística.

Fonte: Europa Press

Xeral

O Ministerio de Xustiza crea unha comisión de expertos para modernizar a linguaxe xurídica e facela máis comprensible

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, aprobou un acordo polo que se crea a Comisión de modernización da linguaxe xurídica, que no prazo dun ano deberá elaborar un informe que analice a situación actual da linguaxe empregada polos profesionais do Dereito e recomende as accións que considere necesarias para que a linguaxe xurídica sexa máis comprensible para a cidadanía.

Fonte: Europa Press

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder