España
Esixen maior compromiso do Concello de Xixón co asturiano
O Concello de Xixón non cumpre coas obrigas que el mesmo se impuxo ao aprobar a ordenanza da lingua asturiana, o plan de normalización e a nova toponimia oficial do concello. Por iso, os integrantes do Consello Asesor da Lingua Asturiana de Xixón acaban de emitir unha resolución que se converte nunha reprimenda a concelleiros, funcionarios municipais e responsables políticos da Administración local.
Fonte: La Nueva España
Catalán e aragonés terán as súas propias academias lingüísticas en Aragón
A semana do 7 de decembro péchase o relatorio da Lei de linguas de Aragón. PSOE e CHA pactarán a creación de dúas academias, unha para o catalán e outra para o aragonés.
Fonte: El Periódico de Aragón
A Academia do Aragonés presentará en 2010 a nova ortografía da lingua aragonesa
A Academia do Aragonés presentará nas primeiras semanas de 2010 a nova ortografía da lingua aragonesa, máis próxima que a actual á tradición escrita deste idioma, en especial á época en que foi lingua oficial de Aragón, a Idade Media.
Fonte: Europa Press
Persoas xordas esixen o recoñecemento pleno da lingua de signos española
Un centenar de persoas xordas manifestáronse ante o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación para pedir a igualdade de dereitos e oportunidades mediante o recoñecemento pleno das linguas de signos españolas.
Fonte: EcoDiario
Publícase un dicionario de novas tecnoloxías en lingua occitana
No marco do despregamento do occitano como lingua cooficial en Cataluña, preséntase o dicionario Societat de l’informacion. Novèlas tecnologias e Internet, un proxecto terminolóxico que se levou a cabo co asesoramento metodolóxico do TERMCAT e co apoio da Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O arcebispo de Valencia abre a porta á aprobación do misal en valenciano bloqueado desde 2002
«Estou a favor de todo o que veña ben para anunciar a Xesucristo». Con esta declaración de intencións resumiu o arcebispo de Valencia, Carlos Osoro, a súa posición sobre a posibilidade de que se celebren, oficialmente, misas en valenciano na Comunidade Valenciana.
Fonte: La Verdad
A Deputación Foral de Biscaia destina catro millóns de euros ao fomento do uso do éuscaro
O Consello de Goberno da Deputación Foral de Biscaia aprobou cinco decretos forais con axudas destinadas a axentes sociais que traballan polo éuscaro, empresas e entidades locais.
Fonte: Deia
O presidente da Academia da Lingua Vasca pide que o éuscaro non sexa politizado
O presidente da Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia, Andrés Urrutia, defendeu que o éuscaro non debe estar "politizado" e reclamou que a política lingüística non debe ser "patrimonio duns cantos".
Fonte: El Mundo
Unha organización de xuristas asturiana crea un rexistro da discriminación lingüística
Xuristes pol Asturianu ten feito un rexistro dos casos de discriminación lingüística ocorridos en Asturias dende 1979. Un traballo que se quere actualizar a partir de agora día tras día. Ademais este rexistro quere ser o paso previo á creación do Observatorio da Discriminación Lingüística en Asturias.
Fonte: Asturies.com
O 30 % dos directivos e executivos españois fala tres ou máis idiomas ademais do español
O 30 % dos directivos e executivos españois fala tres ou más idiomas ademais do español, segundo un estudo de CVexplorer sobre a formación complementaria e en idiomas destes profesionais.
Fonte: El Economista
Boletín
Subscríbase ao boletín