España

A Mesa da Comisión de Educación das Cortes de Aragón admite a trámite as 258 emendas á lei de linguas

A Mesa da Comisión de Educación, Cultura e Deporte das Cortes de Aragón cualificou as 258 emendas presentadas polos grupos parlamentarios á proposición de Lei de uso, protección e promoción das linguas propias de Aragón.

Fonte: Europa Press

Aragón

Unha campaña anima a usar o éuscaro nas redes sociais

A Sociedade de Estudos Vascos-Eusko Ikaskuntza e a firma Kukuxumusu asociáronse para realizar unha campaña que pretende animar ao uso da lingua vasca nas diferentes redes sociais de internet.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Presentan a primeira web de Navarra con lingua de signos

A Asociación de Persoas Xordas de Navarra (Asorna) presenta a súa páxina web, a primeira da comunidade foral accesible a persoas xordas, oíntes e cegas, un proxecto subvencionado pola Fundación ONCE.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Unha nova ferramenta en liña gratuíta axilizará a tradución entre éuscaro e castelán

A Fundación Elhuyar colocou na rede a ferramenta ItzulTerm, que serve para extraer automaticamente pares de termos equivalentes en éuscaro e castelán dunha memoria de tradución. A nova ferramenta está dirixida a persoas que traballan con memorias de tradución, isto é, tradutores, terminólogos, lingüistas e técnicos de éuscaro, entre outros.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

O conselleiro de Educación anuncia que os concellos disporán dun tradutor automático de textos ao valenciano en 2010

O conselleiro valenciano de Educación, Alejandro Font de Mora, anunciou que os concellos da Comunidade Valenciana disporán desde o vindeiro ano dun tradutor automático para pasar os textos administrativos ao valenciano.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

Sométese a información pública o Anteproxecto de lei do aranés

No Diario Oficial da Generalitat de Catalunya publicouse o edicto polo que se somete a información pública o Anteproxecto de lei do aranés, que proximamente será sometido á aprobación do Goberno da Generalitat de Catalunya.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Varios concellos asturianos conclúen a revisión dos seus topónimos tradicionais

Un total de 40 concellos dos 78 da rexión concluíu xa a revisión dos seus topónimos tradicionais e outros 21 iniciaron este proceso.

Fonte: RTPA

Asturias

A Deputación de Áraba aproba o primeiro Plan estratéxico do éuscaro para avanzar na normalización desta lingua

A Deputación de Áraba aprobou o primeiro Plan estratéxico do éuscaro 2010-2013 que busca "promover as medidas necesarias para garantir a posibilidade de vivir en éuscaro a quen así o desexe", e desenvolver iniciativas de coordinación e colaboración entre axentes sociais e institucións de ámbito arabés co obxectivo de "avanzar cara á normalización".

Fonte: Europa Press

País Vasco

O coñecemento do valenciano só se esixe no 1,2 % de prazas da Generalitat Valenciana

Un total de 75 organizacións, sindicatos e partidos políticos uníronse para reivindicar que se inclúa o requisito lingüístico de coñecementos de valenciano no proxecto de lei de para a ordenación e xestión da función pública valenciana que se está a tramitar nas Cortes, xa que, segundo denunciaron, "só" o 1,2 % das prazas na Administración valenciana esixe coñecer a lingua cooficial.

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

Asociacións de Aragón, Valencia, Baleares e Cataluña presentan un manifesto contra a "imposición" do catalán

Un total de once asociacións de Aragón, Valencia, Baleares e Cataluña uníronse nun manifesto común no que denuncian a "agresividade" do nacionalismo catalanista e anuncian as "accións xurisdicionais e as mobilizacións populares necesarias" para impedir "a imposición" do catalán ás linguas propias dos territorios e ao castelán.

Fonte: Europa Press

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder