España
As principais empresas do sector crean unha rede de cines en catalán
As cotas que prevé introducir a nova lei de cine de Cataluña, que obrigarán a que o 50 % das películas que se distribúan en máis de quince copias se dobren ao catalán ou se subtitulen nesta mesma lingua, puxeron en alerta a distribuidores e salas de exhibición.
Fonte: Expansión
Presentan unha versión mellorada do tradutor automático Matxin para español e éuscaro
A empresa Eleka desenvolveu, en colaboración coa Fundación Elhuyar e o grupo IXA da Universidade do País Vasco (UPV), unha versión mellorada do tradutor automático Matxin para as linguas castelán e éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Nace o Colectivo de Internautas polo Asturiano para apoiar a presenza da lingua asturiana na rede
O Colectivo de Internautas polo Asturiano (Codipa) é unha organización formada por usuarios de internet que desexan navegar pola rede usando a lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
A Generalitat de Catalunya dotará o aranés dunha lei para fomentar o seu uso social
A futura lei, que nestes momentos está en período de información pública, promoverá o aranés, regulará o emprego oficial desta lingua en Cataluña e fomentará o seu uso no propio Val de Arán, así como a súa utilización nos medios de comunicación.
Fonte: La Mañana
A Universidade Nacional de Educación a Distancia ofrecerá un curso a formadores para difundir a lingua tamazight
Este curso de formadores comezará en Melilla o vindeiro 21 de decembro e permitirá que a cidade posúa profesores especializados en tamazight, xa que para o ano que vén se programaron diversos cursos optativos desta lingua para os empregados públicos.
Fonte: ABC
Un catálogo de produtos de ocio promove o éuscaro en Bilbao
Desde a Área de Éuscaro do Concello de Bilbao propoñen que esta lingua teña un oco nos regalos de cada neno. Para facilitar a tarefa o consistorio, a través desta área, envioulles a 18.000 familias da cidade un catálogo de produtos lúdicos e educativos en éuscaro.
Fonte: Deia
Unha sentenza do Tribunal Supremo recoñece a CCOO o dereito a presentar un recurso só en catalán
O Tribunal Supremo ditou unha sentenza que recoñece o dereito ao sindicato CCOO a presentar un recurso escrito só en catalán. Así pois, o Tribunal Supremo dispuxo que o recurso de casación presentado se traduciría ao castelán e que posteriormente se procedería a continuar a súa tramitación ordinaria.
Fonte: CCOO
Piden que as 'agresións' ao valenciano se inclúan nun informe de dereitos humanos
Escola Valenciana presentará ante o Departamento de Estado dos EEUU unha queixa sobre o informe dos dereitos humanos por non incluír os dereitos lingüísticos dos falantes de valenciano.
Fonte: El Mundo
Bilbao impulsa a utilización do éuscaro na cartelería dos restaurantes e bares da zona vella
A Área de Éuscaro do Concello de Bilbao puxo en marcha unha campaña para impulsar a utilización do éuscaro nos carteis e rótulos (ofertas, presentacións dos pinchos etc.) do gremio da hostalería e restauración das Siete Calles. Para iso, facilitóuselles aos establecementos un servizo especializado que se encarga de traducir a súa cartelería ao éuscaro.
Fonte: Europa Press
As estacións e o persoal de ADIF tamén informarán en lingua de signos
O persoal de atención ao cliente das estacións de ADIF recibirá formación sobre a lingua de signos española para atender o colectivo de persoas xordas, que tamén dispoñerá do novo Servicio Dialog@, que permitirá realizar consultas telefónicas e recibir información tanto escrita coma en lingua de signos.
Fonte: EcoDiario
Boletín
Subscríbase ao boletín