España
Castela-A Mancha ten máis de 180 centros educativos bilingües e triplica os existentes en 2007
A conselleira de Educación e Ciencia, María Ángeles García, anunciou que, cando se cumpren dous anos de lexislatura, superouse o compromiso do presidente rexional, José María Barreda, de triplicar o número de centros bilingües en Castela-A Mancha.
Fonte: Lanzadigital
A Generalitat de Catalunya e 14 concellos poñen en marcha cursos de verán para ensinar catalán a nenos estranxeiros
A Generalitat de Catalunya e 14 concellos puxeron en marcha un plan piloto para ensinarlles catalán a nenos e nenas de orixe estranxeira que o precisen para garantir a súa incorporación ao sistema educativo e á sociedade. As clases formarán parte da oferta de verán de entidades como os centros municipais e incluirán actividades de lecer.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un 77,2 % dos exames da Selectividade respóndese en catalán nas Illas Baleares
O catalán volveu aumentar nas Baleares como lingua empregada para responder os exames da Selectividade. Un 77,2 % das probas realizadas no pasado mes de xuño respondeuse nesta lingua, feito que supón un incremento do 0,4 % respecto do ano pasado, cando foi un 76,8 %.
Fonte: DBalears
A Real Academia da Lingua Vasca celebra o seu 90 aniversario en Bilbao con representantes da española, galega e catalá
A Real Academia da Lingua Vasca / Euskaltzaindia celebrou en Bilbao o seu 90 aniversario cun acto académico na súa sede, ao que acudiron como invitados representantes da Real Academia Española, da Real Academia Galega e da Secció Filològica do Institut d'Estudis Catalans.
Fonte: Europa Press
A Consellería de Educación valenciana inviste case tres millóns de euros na promoción do valenciano
O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, destacou que o seu departamento investirá un total de 2.969.000 euros este ano para levar a cabo diferentes iniciativas de promoción do uso do valenciano, tanto nas institucións, coma no "día a día" da vida social da Comunidade Valenciana.
O Goberno español destinou 8,5 millóns de euros ás academias de linguas cooficiais desde 2004, máis da metade á catalá
O Goberno español destinou casi 8,5 millóns de euros ás academias das linguas cooficiais desde 2004. A máis beneficiada foi a institución catalá, que recibiu cerca de cinco millóns, case o 60 por cento do total das partidas.
Fonte: Europa Press
A Consellería de Educación de Murcia pon en marcha o ensino bilingüe en 25 colexios de infantil e primaria
O conselleiro de Educación, Formación e Emprego, Constantino Sotoca, deu a coñecer os nomes dos 25 colexios da Rexión de Murcia que iniciarán en setembro o ensino bilingüe en inglés, grazas ao programa Colexios Bilingües Rexión de Murcia, co que máis de mil alumnos de primaria recibirán a terceira parte das súas clases neste idioma.
Fonte: Europa Press
O Goberno catalán aproba o proxecto de lei da lingua de signos catalá
O Goberno catalán aprobou o proxecto de lei da lingua de signos catalá que regulará o ensino, a aprendizaxe e a súa interpretación co fin de garantir o seu uso entre o colectivo de persoas xordas que queira utilizala.
Fonte: Europa Press
Os grupos nacionalistas piden usar as linguas cooficiais no Congreso ao inicio das intervencións
Unhas poucas frases en catalán, galego e éuscaro ao comezo de cada intervención é o que piden os grupos nacionalistas do Congreso como "símbolo" de recoñecemento de que, ademais do castelán, hai outras linguas oficiais en España.
Fonte: El País
A Dirección de Política Lingüística do Goberno balear presenta unha campaña de promoción do catalán na restauración
A directora xeral de Política Lingüística do Goberno balear, Margalida Tous, presentou en Menorca a campaña "Ara és la teva. Atén en català" (Agora é a túa. Atende en catalán), que pretende promover a lingua catalá no sector da restauración.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín