España

O Goberno catalán pídelles ás empresas que usen máis o catalán "sen complexos"

Aínda que a Generalitat de Catalunya está moderadamente satisfeita cos pasos que a maioría das empresas deu no uso da lingua catalá nos seus produtos e servizos, a Axencia Catalá do Consumo exhortou as compañías a «non ter complexos» á hora de etiquetar neste idioma.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Preséntase o Plan de traballo 2009-2010 para o fomento do catalán na avogacía

Presentouse en Tarragona o Plan de traballo 2009-2010 para fomentar o catalán no sector da avogacía. Esta iniciativa enmárcase no acordo asinado entre os departamentos de Vicepresidencia, Xustiza e o Consello de Colexios de Avogados de Cataluña (CICAC) para o fomento do uso do catalán neste ámbito.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Tribunal Supremo anula a ordenanza do Concello de Azpeitia sobre o uso do éuscaro

O Tribunal Supremo confirmou a anulación dunha ordenanza do Concello de Azpeitia sobre o uso do éuscaro no municipio ao considerar que a finalidade real pretendida pola norma era a exclusión do emprego do castelán como lingua oficial.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O departamento asturiano de Cultura posiciónase ante o avance do galego

O Principado planea a creación dunha nova oficina de coordinación cultural e lingüística en Vegadeo, que ao mesmo tempo sirva para preservar esta zona fronteiriza do avance galego en política lingüística.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

A conselleira vasca de Cultura di que combaterá o conflito lingüístico e buscará o consenso

A conselleira vasca de Cultura, Blanca Urgell, afirmou que a súa actuación irá encamiñada a "combater o conflicto lingüístico" e a impulsar unha política "a prol do bilingüismo", buscando "o maior nivel posible de consenso social e político" en torno a esta.

Fonte: Soitu

País Vasco

A Real Academia da Lingua Vasca e Unesco Etxea colaborarán na divulgación do éuscaro

A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia e Unesco Etxea asinaron un convenio de colaboración polo que, entre outras cuestións, esta última institución contribuirá á divulgación das normas lingüísticas do éuscaro propugnadas pola primeira.

Fonte: Deia

País Vasco

Sete intérpretes permitirán o debate en linguas cooficiais no Senado

Sete intérpretes permitirán que os representantes autonómicos debatan co vicepresidente terceiro e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, nas súas respectivas linguas cooficiais na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado.

Fonte: Trámite Parlamentario

Xeral

O conselleiro vasco de Sanidade propón revisar a valoración do éuscaro como mérito

O conselleiro de Sanidade, Rafael Bengoa, mostrouse partidario de revisar a valoración do éuscaro como mérito para evitar que marchen profesionais a outras comunidades.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

Os tribunais valencianos avalan unha vez máis a unidade do catalán

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana ditou unha sentenza que ratifica a validez da titulación de Filoloxía Catalá para eximir das probas de coñecemento do valenciano os opositores a docentes.

Fonte: Avui

Comunidade Valenciana

Só o 12,7 % do profesorado aprobou o perfil lingüístico no País Vasco

Só o 12,69 % do profesorado presentado ás distintas probas do Programa IRALE para obter o perfil lingüístico no presente curso superaron o nivel correspondente.

Fonte: Finanzas

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder