España
A vicepresidenta primeira do Goberno di que impulsarán o desenvolvemento das linguas españolas na UE
A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, asegurou que o Executivo continuará co seu traballo de promover o recoñecemento das linguas cooficiais españolas na Unión Europea.
Fonte: Qué
TVE deberá subtitular o 90 % da súa programación e aumentar o uso da lingua de signos
O proxecto de lei de financiamento da Corporación RTVE dispón no seu artigo 9, como obrigas adicionais de servizo público, que "antes do 1 de xaneiro de 2013", a Corporación deberá "subtitular o 90 % dos programas e emitir polo menos dez horas á semana de interpretación con lingua de signos e dez horas audiodescritas á semana".
Fonte: Fórmula TV
Un total de 17.000 alumnos de primaria e 4.450 de secundaria cursan asturiano
O conselleiro de Educación e Ciencia de Asturias, José Luis Iglesias Riopedre, destacou a "importante presenza" do asturiano nas aulas do Principado, onde estudan a materia 17.000 alumnos de primaria e 4.450 de secundaria.
Fonte: El Comercio Digital
O Valedor do Pobo de Castela e León pide protección para o leonés
O Procurador del Común, o equivalente do Valedor do Pobo en Castela e León, acaba de enviarlle á Administración autonómica unha resolución formal instando a lexislar a protección, uso e promoción da lingua leonesa, tal como establece o actual estatuto de autonomía.
Fonte: Diario de León
O Colexio de Médicos de Madrid pide que os facultativos estranxeiros saiban español

O Colexio de Médicos de Madrid esixe que os profesionais de fala non hispana certifiquen un coñecemento de español "suficiente". Esta organización asegura que un de cada tres colexiados en Madrid no último ano é estranxeiro, dos que o 20 % é de fala non hispana. E engaden que moitos destes facultativos non teñen os coñecementos necesarios de español para desenvolver o seu traballo.
Fonte: El País
PSOE e Partido Aragonés negocian a lei que regulará o uso do catalán en Aragón
Os socios do Goberno de Aragón, PSOE e PAR, ultiman un pacto que permita sacar adiante a Lei de linguas. O texto está pendente desde hai dez anos, desde que a Lei de patrimonio de 1999 establecese que debía aprobarse outra lei para regular as modalidades lingüísticas que se falan nesta terra, entre as que citaba expresamente o catalán.
Fonte: ABC
O Goberno español dedica 1,2 millóns de euros á aprendizaxe da lingua de signos
O Goberno destinou en 2008 un total de 1,2 millóns de euros á aprendizaxe da lingua de signos nos centros educativos e aos medios de apoio á comunicación oral das persoas con discapacidade auditiva.
Fonte: EcoDiario
A Consellería de Educación valenciana promove a lingua e a cultura romanesas en centros docentes da Comunidade
O conselleiro valenciano de Educación, Alejandro Font de Mora, destacou a vontade da Generalitat de prestar a máxima cooperación ao proxecto de ensino da lingua, cultura e civilización romanesas.
Fonte: Europa Press
O Goberno catalán aproba a Lei de acollida, que acreditará o coñecemento de catalán dos inmigrantes
O proxecto de lei de acollida para fomentar a autonomía dos inmigrantes aprobado polo Goberno catalán prevé que a Generalitat de Catalunya emita un certificado que acreditará o grao de integración dos inmigrantes en Cataluña. Este documento certificará que o inmigrante adquiriu os coñecementos básicos da lingua e a sociedade catalás, así como que coñece o mercado laboral.
Fonte: El Debat
O viceconselleiro de Política Lingüística deixa a xestión do éuscaro en mans de tres profesores
Expertos procedentes do mundo académico ocuparanse de xestionar os temas relacionados co éuscaro no Goberno vasco. O viceconselleiro de Política Lingüística, Ramón Etxezarreta, recorreu a profesionais euscaldúns e afastados da política para facerse cargo das tres direccións de área.
Fonte: El Correo Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín