España

CiU pide o cumprimento do servizo telefónico en catalán durante a campaña da Declaración da Renda

O grupo de CiU presentou unha proposta de resolución no Parlamento de Cataluña para instar a Generalitat a esixir que se cumpra de maneira efectiva o servizo telefónico en catalán que a Axencia Tributaria do Estado en teoría ofrece durante as campañas da Declaración da Renda.

Fonte: ADN

Cataluña

A Academia Valenciana da Lingua presenta vocabularios básicos de diferentes áreas

Con esta iniciativa o ente normativo pretende recuperar as fórmulas "comúns, populares e tradicionais" e por iso presentou os doce primeiros vocabularios básicos dirixidos á cidadanía en xeral, pero tamén a grupos concretos como os escolares, os inmigrantes ou os profesionais.

Fonte: Pàgina 26

Comunidade Valenciana

O Goberno vasco presentará en 2010 unha proposta para un modelo de educación trilingüe

A conselleira de Educación do Goberno vasco, Isabel Celaá, anunciou que presentará a principios de 2010 ante o Parlamento unha proposta de marco de educación trilingüe que supere o actual sistema de modelos lingüísticos.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Un informe alerta da deterioración do catalán nas grandes cidades valencianas

Un informe do Observatorio da Lingua Catalá e a Rede Cruscat (Coñecementos, Representacións e Usos do Catalán) do Instituto de Estudos Cataláns recoñece avances en Cataluña no uso social do catalán, aínda que alerta da súa deterioración, sobre todo nas grandes cidades valencianas.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación valenciana permitiralles a colexios impartir o 80 % do ensino en inglés a partir do curso próximo

O Diario Oficial da Comunidade Valenciana (DOCV) publicou a orde da Consellería de Educación pola que se establece a organización e estrutura do programa experimental plurilingüe que permitirá que a partir do próximo curso 2009-2010 algúns colexios públicos da Comunidade impartan o 80 % das ensinanzas en inglés, mentres que o 20 % restante se dará en castelán e valenciano.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

Os escolares de Castela e León poderán aprender alemán ao comezar primaria

Os escolares de Castela e León poderán aprender alemán desde o primeiro curso de primaria se se atopan matriculados nun dos centros que ofrece esta lingua como segundo idioma, tal e como establece o protocolo de colaboración subscrito por Juan José Mateos, conselleiro de Educación, e Nikky Keilholz-Rühle, directora do Instituto Goethe en Madrid.

Fonte: Salamanca 24 Horas

Castela e León

O comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, visitará Canarias para coñecer o asubío da Gomera

O comisario de Multilingüismo da Comisión Europea, Leonard Orban, visitará Canarias o próximo 25 de xuño para comprobar a dimensión do asubío gomero en Canarias, así como para coñecer directamente as especificidades da linguaxe asubiada e a súa implantación no sistema educativo canario.

Fonte: Gobierno de Canarias

Illas Canarias

Galicia recibirá 29 millóns de euros do Estado por ter lingua propia

O xefe do Executivo, José Luis Rodríguez Zapatero, recibiu na Moncloa ao novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tras o encontro, o mandatario galego anunciou que a comunidade recibirá 29 millóns de euros adicionais do Estado por ter unha lingua propia.

Fonte: El País

Xeral

O Consello Consultivo catalán avala o capítulo lingüístico da Lei de educación de Cataluña

O Consello Consultivo da Generalitat de Catalunya avalou o título lingüístico do proxecto da Lei de educación de Cataluña (LEC), co que se eludirá a terceira hora de castelán nas escolas e se reforza a inmersión en catalán.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Os procesos xudiciais poderán tramitarse integramente en éuscaro

A conselleira de Xustiza do Goberno vasco asegurou que a implantación da nova oficina xudicial fará posible a tramitación íntegra en éuscaro dun procedemento na maioría dos partidos xudiciais.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder