España

Maria Badia, candidata ás eleccións europeas, pide regular os usos das linguas da UE en base ao número de falantes

A candidata do PSC nas eleccións europeas, Maria Badia, avogou por que as institucións europeas conten cun réxime lingüístico distinto ao actual, e que teña como base o número de falantes que utilizan cada idioma.

Fonte: Europa Press

Cataluña

A 'Ortografía práctica del español' recolle as últimas normas e fixa pautas sobre o correcto uso do idioma

Leonardo Gómez Torrego é o autor de Ortografía práctica del español, un manual que recolle as novidades ortográficas aprobadas pola Real Academia Española.

Fonte: El Diario Montañés

Xeral

O Goberno vasco aposta pola convivencia "harmónica" das dúas linguas oficiais

O Goberno vasco aposta pola convivencia "harmónica" das dúas linguas oficiais e mantén que a política educativa e lingüística debe responder á existencia de dúas linguas oficiais e debe promover un bilingüismo "integrador".

Fonte: Europa Press

País Vasco

Un novo programa informático permite dispoñer dun intérprete de lingua de signos catalá a distancia

A Federación de Persoas Xordas de Cataluña puxo en marcha o primeiro programa informático, para empresas e institucións, que permite dispoñer dun intérprete de lingua de signos catalá a distancia, denominado Sigthos, que elimina a necesidade de ter un intérprete no lugar da conversa.

Fonte: ADN

Cataluña

O coñecemento de idiomas segue a ser unha materia pendente dos políticos españois

A excepción dos candidatos ás eleccións europeas, non son moitos os políticos españois de primeiro nivel que se poidan defender noutras linguas estranxeiras.

Fonte: ADN

Xeral

O Tribunal Supremo confirma a anulación de varios artigos do decreto foral sobre o uso do éuscaro na Administración

O Tribunal Supremo desestimou un recurso presentado polo Goberno de Navarra e confirmou a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Navarra pola que se anularon varios artigos do Decreto foral 29/2003 sobre o uso do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra.

Fonte: Europa Press

Navarra

O Goberno vasco "garantirá" a oferta de ensino en éuscaro e castelán pero aspira a implantar un modelo trilingüe

A voceira do Goberno vasco, Idoia Mendía, afirmou que o Executivo manterá o actual sistema de modelos lingüísticos e "garantirá" a posibilidade dos pais de optar por calquera dos tres modelos -en éuscaro, en castelán ou bilingüe-- para a educación dos seus fillos, aínda que recoñeceu que a aspiración do gabinete de Patxi López é implantar un sistema trilingüe que introduza o inglés como terceira lingua no sistema educativo vasco.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Un estudo afirma que o 98 % dos alumnos estranxeiros da Comunidade Valenciana coñece algunha lingua oficial

Un estudo da Fundación Ceimigra revela que o 97,8 % dos estudantes estranxeiros da Comunidade Valenciana ten coñecementos dalgunha das dúas linguas oficiais e só o 2,2 % carece completamente de competencias comunicativas.

Fonte: Panorama Actual

Comunidade Valenciana

O Goberno de Ibarretxe asegurou que a oferta de clases en castelán en 2008 diminuíu pola baixa demanda

A Consellería de Educación do Goberno vasco presidido por Juan José Ibarretxe, ante as queixas recibidas polo Valedor do Pobo, respondeulle a este que o descenso da oferta de clases en castelán durante 2008 se debeu á diminución da demanda.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Rodríguez Zapatero xulga "axeitado" o modelo español de protección do castelán e as linguas cooficiais

O presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, xulgou "axeitado" o modelo español de protección e promoción do castelán e das linguas cooficiais, e subliñou que nos últimos anos houbo "avances" pese a que queda "camiño por percorrer".

Fonte: EcoDiario

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder