España
Unha organización de xuristas asturiana crea un rexistro da discriminación lingüística
Xuristes pol Asturianu ten feito un rexistro dos casos de discriminación lingüística ocorridos en Asturias dende 1979. Un traballo que se quere actualizar a partir de agora día tras día. Ademais este rexistro quere ser o paso previo á creación do Observatorio da Discriminación Lingüística en Asturias.
Fonte: Asturies.com
O 30 % dos directivos e executivos españois fala tres ou máis idiomas ademais do español
O 30 % dos directivos e executivos españois fala tres ou más idiomas ademais do español, segundo un estudo de CVexplorer sobre a formación complementaria e en idiomas destes profesionais.
Fonte: El Economista
As principais empresas do sector crean unha rede de cines en catalán
As cotas que prevé introducir a nova lei de cine de Cataluña, que obrigarán a que o 50 % das películas que se distribúan en máis de quince copias se dobren ao catalán ou se subtitulen nesta mesma lingua, puxeron en alerta a distribuidores e salas de exhibición.
Fonte: Expansión
Presentan unha versión mellorada do tradutor automático Matxin para español e éuscaro
A empresa Eleka desenvolveu, en colaboración coa Fundación Elhuyar e o grupo IXA da Universidade do País Vasco (UPV), unha versión mellorada do tradutor automático Matxin para as linguas castelán e éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Nace o Colectivo de Internautas polo Asturiano para apoiar a presenza da lingua asturiana na rede
O Colectivo de Internautas polo Asturiano (Codipa) é unha organización formada por usuarios de internet que desexan navegar pola rede usando a lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
A Generalitat de Catalunya dotará o aranés dunha lei para fomentar o seu uso social
A futura lei, que nestes momentos está en período de información pública, promoverá o aranés, regulará o emprego oficial desta lingua en Cataluña e fomentará o seu uso no propio Val de Arán, así como a súa utilización nos medios de comunicación.
Fonte: La Mañana
A Universidade Nacional de Educación a Distancia ofrecerá un curso a formadores para difundir a lingua tamazight
Este curso de formadores comezará en Melilla o vindeiro 21 de decembro e permitirá que a cidade posúa profesores especializados en tamazight, xa que para o ano que vén se programaron diversos cursos optativos desta lingua para os empregados públicos.
Fonte: ABC
Un catálogo de produtos de ocio promove o éuscaro en Bilbao
Desde a Área de Éuscaro do Concello de Bilbao propoñen que esta lingua teña un oco nos regalos de cada neno. Para facilitar a tarefa o consistorio, a través desta área, envioulles a 18.000 familias da cidade un catálogo de produtos lúdicos e educativos en éuscaro.
Fonte: Deia
Unha sentenza do Tribunal Supremo recoñece a CCOO o dereito a presentar un recurso só en catalán
O Tribunal Supremo ditou unha sentenza que recoñece o dereito ao sindicato CCOO a presentar un recurso escrito só en catalán. Así pois, o Tribunal Supremo dispuxo que o recurso de casación presentado se traduciría ao castelán e que posteriormente se procedería a continuar a súa tramitación ordinaria.
Fonte: CCOO
Piden que as 'agresións' ao valenciano se inclúan nun informe de dereitos humanos
Escola Valenciana presentará ante o Departamento de Estado dos EEUU unha queixa sobre o informe dos dereitos humanos por non incluír os dereitos lingüísticos dos falantes de valenciano.
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín