España
Cataluña esixiralles o catalán aos novos profesores universitarios
Ter o nivel C de catalán será obrigatorio para os novos profesores no momento de acceder a un posto estable nas universidades catalás ou, nalgúns casos, cando o seu contrato temporal supere o prazo de dous anos.
Fonte: El País
O número de alumnos que estuda árabe en Sevilla duplícase en sete anos
O árabe como lingua e cultura é a intención coa que se implantou o programa de Lingua Árabe e Cultura Marroquí hai sete anos en Sevilla. Desde aquela, o número de alumnos matriculados nesta materia, que se imparte como actividade extraescolar, duplicouse ata alcanzar os 88 estudantes.
Fonte: Diario de Sevilla
O Goberno de Aragón creará unha oficina técnica de Política Lingüística
O Goberno de Aragón creará unha oficina técnica de Política Lingüística que se encargará da xestión de todas as cuestións administrativas referentes ao desenvolvemento da Lei de linguas.
Fonte: El Periódico de Aragón
San Sebastián acollerá unha reunión da Rede europea para a Promoción da Diversidade Lingüística
A capital guipuscoana acollerá a vindeira semana, os días 18 e 19 de febreiro, unha reunión da rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD), na que representantes europeos porán en común experiencias e proxectos en torno a linguas como o éuscaro, catalán, galego, irlandés, galés, escocés, estoniano, bretón, occitano, frisio, sueco, finlandés, noruegués, lituano e córnico.
Fonte: Europa Press
A Universidade de Oviedo presenta o tradutor automático castelán-asturiano-castelán
O reitor da Universidade de Oviedo, Vicente Gotor, presenta xunto á conselleira de Cultura e Turismo do Principado de Asturias, Mercedes Álvarez, o tradutor automático castelán-asturiano-castelán.
Fonte: Europa Press
Apróbase en Castela-A Mancha o Plan de plurilingüismo, cun investimento de 48 millóns de euros
Este Plan, aprobado polo Consello de Goberno, estruturará e garantirá o financiamento de todas as actuacións que neste ámbito se están a levar a cabo, así como das que se porán en marcha no futuro para a mellora e o impulso da aprendizaxe de linguas estranxeiras e a competencia comunicativa intercultural.
Fonte: 20minutos
Crean o primeiro diario dixital en árabe para España
Chámase Andalus Press e trátase do primeiro xornal dixital de información xeral en árabe dirixido a esta comunidade de inmigrantes, especialmente marroquís, que vive en España.
Fonte: Radio Cable
A rede foral de técnicos de Álava creada para dinamizar o éuscaro estará lista este mes
Álava completará este mes a rede de técnicos en éuscaro coa contratación do responsable de Trebiño. Así o anunciou a deputada foral de Éuscaro, Cultura e Deportes, Lorena López de Lacalle, durante a súa comparecencia nas Xuntas Xerais para explicar o primeiro Plan estratéxico do éuscaro.
Fonte: Noticias de Álava
O vicepresidente do Goberno catalán presenta no Parlamento a Lei do aranés
O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, presentou no Parlamento de Cataluña o proxecto de Lei do aranés, que o "recoñece como a lingua propia do Val de Arán" e encabeza "unha iniciativa sen precedentes en favor da protección, a defensa e o fomento da lingua occitana".
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco traballa xa na rebaixa da puntuación do éuscaro nas ofertas de emprego público
O Goberno vasco xa traballa en analizar como proceder á rebaixa da puntuación do valor do éuscaro como mérito para aplicar na próxima oferta pública de emprego da Administración.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín