España
Máis de 1.000 escolares estudan galego nos centros de ensino da comarca do Bierzo
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, realizou a súa primeira viaxe institucional á comarca do Bierzo, onde arredor de 1.200 escolares estudan galego nos centros de ensino grazas ao protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León.
Fonte: Xunta de Galicia
O Síndic de Greuges (Valedor do Pobo da Comunidade Valenciana) adaptará a súa páxina web á lingua de signos
O Síndic de Greuges da Comunidade Valenciana (equivalente ao Valedor do Pobo) adaptará a súa páxina web á lingua de signos co obxectivo de facilitar o acceso ás persoas xordas para que, deste modo, poidan deixar as súas queixas e defender os seus intereses, segundo informou a institución nun comunicado.
Fonte: Qué
O Parlamento catalán contrata intérpretes ao castelán para atender unha delegación de Nicaragua
O Parlamento catalán contratou un servizo de interpretación ao castelán para atender, na comisión de Cooperación e Solidariedade, unha delegación de Nicaragua que pedira ser informada sobre a situación da cooperación catalá.
Fonte: La Vanguardia
A Junta de Andalucía impulsa a lei andaluza que regulará o uso da lingua de signos
O Consello de Goberno acordou iniciar a tramitación do anteproxecto da lei que regulará en Andalucía o uso da lingua de signos española e os medios de apoio á comunicación oral das persoas con discapacidade auditiva ou con xordocegueira.
Fonte: ADN
Preséntase no Parlamento de Cataluña a futura lei da lingua de signos catalá
O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, presentou no Parlamento de Cataluña o proxecto de lei da lingua de signos catalá, que "a dignifica como lingua propia, como sistema lingüístico" e que lle outorga "o recoñecemento institucional que merece".
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco asinará un convenio para unificar o éuscaro xurídico
O Goberno vasco asinará un convenio coa Academia Vasca do Dereito e o Instituto Vasco de Administración Pública (IVAP), co fin de "unificar o éuscaro xurídico", dado o "risco" que para a seguridade xurídica dos cidadáns supón a inexistencia de criterios unificados nesta materia.
Fonte: Europa Press
A asociación Furmientu denuncia o incumprimento do artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía referido á lingua leonesa
A asociación zamorana Furmientu acaba de amosar o seu descontento pola falta de resposta da Junta de Castilla y León sobre o cumprimento do artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía, onde se fala da protección, uso e promoción do leonés.
Fonte: Asturies.com
O presidente do Parlamento de Cataluña garante o dereito a falar en catalán e castelán na Cámara
O presidente do Parlamento de Cataluña, Ernest Benach, asegurou que garantirá o dereito de calquera deputado ou representante do Goberno a expresarse na Cámara en cualquera das dúas linguas oficiais en Cataluña: o catalán e o castelán.
Fonte: Qué
O Parlamento vasco pide mellorar a formación lingüística do profesorado
O Parlamento vasco instou o Departamento de Educación a que colabore coa Universidade para conseguir unha "mellor formación do profesorado e a mellora da metodoloxía que se vai aplicar no ámbito lingüístico".
Fonte: ADN
Partidarios do catalán na Franxa de Aragón lembran a cooficialidade das linguas minoritarias
Un colectivo de cidadáns partidarios do uso e a conservación da lingua catalá na Franxa de Aragón, encabezados polo filólogo Artur Quintana, afirman, nun manifesto, que a Constitución española de 1978 protexe a cooficialidade das linguas minoritarias no territorio de uso habitual, é dicir, que autoriza a facer cooficiais todas.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín