España
Rebáixase o requisito do éuscaro para a Administración de Xustiza
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco acaba de anular, tal e como no seu día fixo o Tribunal Constitucional cunha normativa anterior, algúns dos preceptos do Decreto 152/2008 que regula o proceso de normalización lingüística da Administración de Xustiza nesta Comunidade Autónoma.
Fonte: Expansión
A Cámara vasca pide valorar menos o éuscaro na Sanidade
O Parlamento vasco pediulle ao Goberno de Patxi López que realice «unha valoración adecuada do éuscaro como mérito» nas ofertas públicas de emprego (OPE) de Osakidetza (Sanidade pública vasca).
Fonte: El Correo Digital
Nafarroa Bai esixe a través dunha emenda a cooficialidade do éuscaro en toda Navarra
O grupo parlamentario de Nafarroa Bai ten previsto presentar unha emenda de substitución á proposta de modificación da Lei foral do éuscaro de Izquierda Unida de Navarra (IUN) na que esixe a cooficialidade das dúas linguas propias de Navarra en todo o territorio.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A bolsa de traballo de profesores de valenciano tampouco recoñece a filoloxía catalá
O receo da Generalitat Valenciana contra a Filoloxía Catalá non só afecta ás sucesivas oposicións docentes nesta comunidade. A bolsa de traballo, que non saía desde había tres anos, tampouco admite esta titulación superior.
Fonte: Levante
O Departamento navarro de Educación traballa para que o EGA (Certificado de Coñecemento do Éuscaro) se admita a nivel europeo
O Departamento de Educación do Goberno de Navarra está a traballar intensamente para que o título EGA (Euskararen Gaitasun Agiria, isto é, Certificado de Coñecemento do Éuscaro) se recoñeza a nivel europeo en 2010 ou 2011, como moi tarde.
Fonte: Noticias de Navarra
Líderes indíxenas visitan Euskadi en busca de estratexias para recuperar a súa identidade
Representantes de cinco etnias indíxenas latinoamericanas (os mapuches de Chile, os aimarás de Bolivia, os quechuas e os shuar de Ecuador e os maias de Guatemala) visitan estes días o País Vasco co obxectivo de coñecer as estratexias políticas e sociais que permitiron normalizar o éuscaro e impulsar a cultura vasca.
Fonte: Diario Vasco
Crean un intérprete virtual de lingua de signos española
Tras dous anos de traballo e un investimento de 100.000 euros, a Universidade de Castela-A Mancha, logrou lanzar un intérprete virtual que axudará ás persoas con discapacidade auditiva en lugares como pode ser un aeroporto.
Fonte: Discapnet
A Consellería de Educación valenciana impulsa un plan para que o profesorado poida vehicular contidos en linguas estranxeiras
A Consellería de Educación valenciana puxo en marcha un Plan de formación lingüístico-técnica en linguas que abre novas vías de capacitación para que o profesorado non universitario da Comunidade Valenciana poida vehicular contidos nas linguas estranxeiras que integran o currículo valenciano.
Fonte: ADN
O aeroporto de Barcelona ten máis rótulos en inglés ca en catalán
A lingua predominante na rotulación dos establecementos comerciais do aeroporto de Barcelona é a castelá, e o catalán aínda sofre unha clara inferioridade tanto respecto ao castelán coma ao inglés.
Fonte: Avui
Denuncian a exclusión do asturiano nas campañas de promoción do Concello de Xixón
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana denunciou "a exclusión da lingua asturiana nas campañas de promoción do Concello de Xixón, o que non só incumpre o previsto na Ordenanza Municipal sobre o uso do asturiano senón a toponimia oficial aprobada hai tempo polo Concello e polo Goberno de Asturias".
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín