España

O Parlamento vasco alcanza un acordo a prol do trilingüismo no ensino

Os grupos políticos PNV, PSE, PP, EA e EB uníronse para solicitarlle ao Goberno vasco que garanta a liberdade de elección de modelos e siga impulsando o trilingüismo -a grande aposta da conselleira de Educación Isabel Celaá- mediante a definición dun marco normativo que posibilite a presenza vehicular do castelán, o éuscaro e o inglés nas aulas vascas.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco modifica os decretos educativos para igualar o éuscaro e o castelán

O Goberno vasco ten preparada a reforma dos decretos que regulan os contidos, obxectivos e criterios de avaliación nos ciclos de educación infantil, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. A reforma equiparará éuscaro e castelán desde o punto de vista normativo e eliminará o uso do termo "Euskal Herria" como concepto político e administrativo.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

A lingua de signos española incluirase en materiais educativos para persoas con discapacidade intelectual

A lingua de signos española estará presente en materiais educativos dirixidos a persoas con discapacidade intelectual, grazas a un convenio de colaboración que asinaron a Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Feaps) e a Fundación da Confederación Estatal de Persoas Xordas (Cnse).

Fonte: EcoDiario

Xeral

A Plataforma pola Lingua lanza unha campaña para prestixiar o catalán na universidade

A Plataforma pola Lingua e sindicatos e entidades sindicais lanzaron unha nova campaña para dar prestixio ao catalán nas universidades, baixo o lema 'Na universidade, en catalán!', ante o actual aumento de estudantes estranxeiros nos centros.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Donostia promove a aprendizaxe do éuscaro de maneira gratuíta entre os inmigrantes

O Padroado de Éuscaro do Concello de Donostia puxo en marcha unha iniciativa para que os inmigrantes falen éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O tamazight de Melilla aparece recoñecido por primeira vez nos orzamentos xerais do Estado

A lingua bérber, falada polo 54 % dos musulmáns de Melilla, aparece recoñecida por primeira vez nuns orzamentos xerais do Estado e recibirá 50.000 euros para a súa promoción.

Fonte: Noticias de Navarra

Melilla

Nace a Fundación Azkue para dotar internet de contidos en éuscaro

Cinco institucións puxeron en marcha a Fundación Azkue que pretende dotar de máis contidos en éuscaro a rede de redes en todo tipo de formatos.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

O orzamento destinado ao uso do éuscaro aumenta o 11 % co fin de chegar a unha Xustiza bilingüe

O Departamento vasco de Xustiza prevé destinar en 2010 un 11 % de diñeiro máis para o uso do éuscaro na Administración de Xustiza, porque «queremos un servizo que poida ser bilingüe na atención ao cidadán», anunciou a conselleira, Idoia Mendia.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O ministro de Educación descarta que o bérber sexa materia optativa en Melilla

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aclarou que o tamazight, a lingua que fala practicamente a metade dos melilleses, de orixe bérber, non se converterá nunha materia optativa nos centros educativos.

Fonte: Europa Press

Melilla

A Academia Valenciana da Lingua manifesta a conveniencia de incorporar o valenciano á liturxia

O bispo de Orihuela-Alicante, Rafael Palmero, e a presidenta da Academia Valenciana da Lingua (AVL) mantiveron unha reunión na sede episcopal alacantina para tratar da situación da tradución ao valenciano dos textos litúrxicos que a institución normativa realizou nos últimos anos e manifestar a conveniencia de incorporar o valenciano na liturxia das dioceses da Comunidade Valenciana.

Fonte: La Verdad

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder