España
A Chunta Aragonesista acusa o Goberno de Aragón do descoido sistemático do patrimonio lingüístico
O secretario de Política Cultural e Identidade Nacional de la Chunta Aragonesista, Miguel Martínez Tomey, acusou o Goberno aragonés de manter un "descoido sistemático" do patrimonio lingüístico e de non ser capaz de "protexer, promover e difundir as linguas de Aragón".
Fonte: ADN
O idioma portugués impártese no 18,6 % dos centros educativos estremeños
A conselleira de Educación, Eva María Pérez, destacou o "crecente interese" entre o alumnado e o profesorado estremeño pola ensinanza-aprendizaxe do portugués, un idioma que se imparte xa nun centenar de centros educativos de Estremadura, o que representa o 18,6 por cento do total de colexios e institutos.
Fonte: Europa Press
Televisión de Cataluña incrementa a presenza do aranés en antena e no seu portal de internet
Televisión de Cataluña (TVC) incrementa a presenza do aranés en antena coa estrea na canle 3/24 dunha rolda de información xeral nesa lingua para todo o territorio.
Fonte: Europa Press
O Estado español podería adherirse aos principios da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

A Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados aproba unha proposición non de lei para que o Estado promova nas institucións internacionais a inclusión dos dereitos lingüísticos como dereitos humanos.
Fonte: Nationalia
O Concello de Bilbao premiará os mellores blogs en éuscaro
Aproveitar as novas tecnoloxías para impulsar o uso do éuscaro é o principal obxectivo do concurso Bilblogari, organizado polo concello da capital biscaíña e o portal de internet Nontzeberri.
Fonte: El Correo Digital
O Concello de Lena e a Academia da Lingua Asturiana traballarán xuntos para promover o uso do asturiano
O vicealcalde de Lena, Agripino Pérez, e a presidenta da Academia da Lingua Asturiana, Ana Cano, asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de promover o uso e a normalización do asturiano no concello, ademais de traballar conxuntamente na dignificación da lingua.
Fonte: Asturies.com
O Partido Aragonés esixe eliminar o catalán da Lei de linguas un día antes de votalo nas Cortes
A bases do Partido Aragonés (PAR) esíxenlles aos seus portavoces nas Cortes que se pronuncien claramente en defensa do aragonés da zona oriental e que rexeiten totalmente a inclusión do catalán. De non ser así, consideran que se estarán traizoando as ideas do PAR e de Aragón e que os seus votantes non o perdoarán.
Fonte: El Libre Pensador
As Cortes de Aragón regularán por lei as linguas minoritarias
O Pleno das Cortes de Aragón aprobou a toma en consideración da proposición de lei do Grupo Socialista relativa á protección das linguas minoritarias da comunidade autónoma: o aragonés e o catalán.
Fonte: Europa Press
O Goberno español cuestiona que Cataluña poida eludir por lei a terceira hora de castelán
O Goberno central dirixiuse ao catalán cuestionando que a Generalitat de Catalunya poida fixar os programas e os horarios das ensinanzas non universitarias e crear un corpo propio de catedráticos de secundaria como prevé a lei de educación catalá.
Fonte: El País
O novo conselleiro de Educación de Navarra apoia o acordo polo éuscaro co País Vasco
O novo conselleiro de Educación, Alberto Catalán, apostou por afondar na colaboración co País Vasco iniciada en materia de éuscaro coa sinatura dun protocolo xeral o pasado mes de xullo, "un avance posible grazas ao evidente cambio de actitude no Goberno vasco", segundo Catalán.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín