España
O PNV pide reformar os modelos lingüísticos para garantir "o avance do éuscaro como lingua vehicular"
O PNV reclámalle ao Departamento de Educación a elaboración dunha proposta de reforma do actual sistema de modelos lingüísticos para "garantir un verdadeiro avance do éuscaro como lingua vehicular".
Fonte: Deia
Nokia inclúe o catalán en todos os seus terminais
Nokia incorporou o catalán como lingua dispoñible nos menús de todos os seus terminais, a través dun convenio asinado coa Generalitat de Cataluña para promover a telefonía móbil en catalán.
Fonte: El Mundo
A nova revista das Tres Xemelgas contará cunha sección mensual sobre as linguas e a riqueza que estas supoñen
A revista das Tres Xemelgas, destinada a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos, terá unha sección na que Linguamón - Casa de las Lenguas quere traballar xunto cos máis pequenos no valor que teñen as linguas e a riqueza que supoñen.
Fonte: Linguamón
O presidente de Navarra rompe o pacto de Goberno pola reforma da Lei do éuscaro
O presidente de Navarra, Miguel Sanz, anunciou a ruptura do pacto entre UPN e CDN, socios no Executivo foral desde 2003. Sanz xa advertira de que a quebra era inevitable se CDN non rectificaba a súa postura favorable a unha reforma da Lei foral do éuscaro.
Fonte: El Correo Digital
O catalán é a oitava lingua máis activa nos blogs
O catalán é o oitavo idioma do mundo con maior actividade nos blogs e o décimo quinto en Wikipedia, a popular enciclopedia electrónica, o que demostra "unha presenza na rede moito maior do peso demográfico dos seus 10 millóns de falantes".
Fonte: El País
O Concello de Ontinyent non lles esixirá o valenciano aos funcionarios
O Concello de Ontinyent (Valencia) aprobou a non obrigatoriedade de coñecer o valenciano para os funcionarios municipais tras concluír o período habilitado para a presentación de alegacións.
Fonte: Europa Press
A Consellería vasca de Educación di que non lle consta que haxa peticións de modelo A sen atender
O Departamento de Educación do Goberno Vasco dixo que non lle consta que haxa solicitudes de matriculación no modelo A que quedaran sen atender.
Fonte: El Correo Digital
A Academia Valenciana da Lingua reúne nunha obra máis de 50.000 topónimos valencianos
A Academia Valenciana da Lingua (AVL) presentou o Corpus Toponímic Valencià, unha obra en dous volumes que recolle máis de 50.000 topónimos, na que interviñeron, desde o seu inicio hai máis de dez anos, a Universidade de Valencia (UV), a Consellería de Cultura e a propia AVL.
Fonte: ADN
A conselleira vasca de Educación di que o Goberno garantirá "cada vez de mellor maneira a liberdade de elección lingüística"
A conselleira vasca de Educación, Isabel Celaá, insistiu en que o Goberno autónomo garantirá "cada vez de mellor maneira" a "liberdade de elección lingüística" e promoverá "as condicións que o permitan".
Fonte: Europa Press
A Federación de Entidades Latinoamericanas de Cataluña (Fedelatina) promoverá o catalán entre os sudamericanos
A Federación de Entidades Latinoamericanas de Cataluña (Fedelatina) e a Plataforma pola Lingua asinaron o pasado 24 de setembro un convenio de colaboración co obxectivo de promover de forma conxunta o uso do catalán entre a comunidade latinoamericana residente en Cataluña.
Fonte: La Voz Libre
Boletín
Subscríbase ao boletín