España

A televisión pública do País Vasco e a Real Academia da Lingua Vasca asinan un acordo para o "bo uso" do éuscaro

O ente público Euskal Irrati Telebista (EITB) e a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia asinaron o seu terceiro acordo marco de colaboración, cuxo obxectivo é garantir o "bo uso" do éuscaro nos medios de comunicación da radio televisión pública.

Fonte: ABC

País Vasco

O vicepresidente da televisión pública da Comunidade Valenciana presenta un recurso por incumprimento do uso do valenciano

O vicepresidente do Consello de Administración de Radiotelevisión Valenciana (RTVV), José Ignacio Pastor, presentou un recurso de alzada polo "incumprimento" do Estatuto de Autonomía no ente, que establece que o valenciano é a lingua oficial.

Fonte: ADN

Comunidade Valenciana

A Mesa da Comisión de Educación das Cortes de Aragón admite a trámite as 258 emendas á lei de linguas

A Mesa da Comisión de Educación, Cultura e Deporte das Cortes de Aragón cualificou as 258 emendas presentadas polos grupos parlamentarios á proposición de Lei de uso, protección e promoción das linguas propias de Aragón.

Fonte: Europa Press

Aragón

Unha campaña anima a usar o éuscaro nas redes sociais

A Sociedade de Estudos Vascos-Eusko Ikaskuntza e a firma Kukuxumusu asociáronse para realizar unha campaña que pretende animar ao uso da lingua vasca nas diferentes redes sociais de internet.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Presentan a primeira web de Navarra con lingua de signos

A Asociación de Persoas Xordas de Navarra (Asorna) presenta a súa páxina web, a primeira da comunidade foral accesible a persoas xordas, oíntes e cegas, un proxecto subvencionado pola Fundación ONCE.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Unha nova ferramenta en liña gratuíta axilizará a tradución entre éuscaro e castelán

A Fundación Elhuyar colocou na rede a ferramenta ItzulTerm, que serve para extraer automaticamente pares de termos equivalentes en éuscaro e castelán dunha memoria de tradución. A nova ferramenta está dirixida a persoas que traballan con memorias de tradución, isto é, tradutores, terminólogos, lingüistas e técnicos de éuscaro, entre outros.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

O conselleiro de Educación anuncia que os concellos disporán dun tradutor automático de textos ao valenciano en 2010

O conselleiro valenciano de Educación, Alejandro Font de Mora, anunciou que os concellos da Comunidade Valenciana disporán desde o vindeiro ano dun tradutor automático para pasar os textos administrativos ao valenciano.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

Sométese a información pública o Anteproxecto de lei do aranés

No Diario Oficial da Generalitat de Catalunya publicouse o edicto polo que se somete a información pública o Anteproxecto de lei do aranés, que proximamente será sometido á aprobación do Goberno da Generalitat de Catalunya.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Varios concellos asturianos conclúen a revisión dos seus topónimos tradicionais

Un total de 40 concellos dos 78 da rexión concluíu xa a revisión dos seus topónimos tradicionais e outros 21 iniciaron este proceso.

Fonte: RTPA

Asturias

A Deputación de Áraba aproba o primeiro Plan estratéxico do éuscaro para avanzar na normalización desta lingua

A Deputación de Áraba aprobou o primeiro Plan estratéxico do éuscaro 2010-2013 que busca "promover as medidas necesarias para garantir a posibilidade de vivir en éuscaro a quen así o desexe", e desenvolver iniciativas de coordinación e colaboración entre axentes sociais e institucións de ámbito arabés co obxectivo de "avanzar cara á normalización".

Fonte: Europa Press

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder