España
O coñecemento do valenciano só se esixe no 1,2 % de prazas da Generalitat Valenciana
Un total de 75 organizacións, sindicatos e partidos políticos uníronse para reivindicar que se inclúa o requisito lingüístico de coñecementos de valenciano no proxecto de lei de para a ordenación e xestión da función pública valenciana que se está a tramitar nas Cortes, xa que, segundo denunciaron, "só" o 1,2 % das prazas na Administración valenciana esixe coñecer a lingua cooficial.
Fonte: Levante
Asociacións de Aragón, Valencia, Baleares e Cataluña presentan un manifesto contra a "imposición" do catalán
Un total de once asociacións de Aragón, Valencia, Baleares e Cataluña uníronse nun manifesto común no que denuncian a "agresividade" do nacionalismo catalanista e anuncian as "accións xurisdicionais e as mobilizacións populares necesarias" para impedir "a imposición" do catalán ás linguas propias dos territorios e ao castelán.
Fonte: Europa Press
A aseguradora Caser facilitaralles aos seus clientes xordos a tramitación das súas xestións en lingua de signos española
A aseguradora Caser asinou un acordo coa Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación que lles permitirá aos seus asegurados xordos dar os seus partes e tramitar calquera xestión en lingua de signos española.
Fonte: Europa Press
As panaderías de Arrigorriaga distribuirán 2.500 dicionarios a prol do éuscaro

As panaderías de Arrigorriaga repartirán o 2 de decembro 2.500 bolsas de pan e outros tantos pequenos dicionarios de éuscaro dentro dunha campaña organizada polo Concello para incentivar o uso desta lingua nos comercios.
Fonte: ABC
A Plataforma pola Lingua repartirá 26.000 cartas aos Reis Magos en catalán

A Plataforma pola Lingua celebrará unha festa lúdica durante a cal un paxe real recollerá 26.000 cartas dirixidas aos Reis Magos a través das cales os nenos pedirán xoguetes en catalán, baixo o lema Poder xogar en catalán.
Fonte: La Vanguardia
Crean unha aplicación para a medición dos indicadores do éuscaro nas entidades financeiras
A Viceconsellería de Política Lingüística promoveu unha aplicación para a medición dos indicadores do éuscaro nas entidades financeiras. Esta aplicación creouse para facilitar o labor das entidades financeiras e para que estas poidan xestionar os indicadores de medición da situación desta lingua de xeito eficaz.
Fonte: Euskadi.net
Menorca é a illa con menor presenza do catalán na educación primaria
O Anuari de l'Educació de les Illes Balears que cada ano elabora a Universidade das Illas Baleares e Caixa Pollença sinala a educación primaria como o talón de Aquiles da integración da lingua catalá na illa.
Fonte: Última Hora
O reitor da Universidade de Oviedo reitera o seu apoio á lingua asturiana
O reitor da Universidade de Oviedo, Vicente Gotor, reiterou o seu compromiso co asturiano durante o seu nomeamento como patrón de honra da Fundación Caveda y Nava, en Villaviciosa, polo seu traballo para "desbloquear" a situación da lingua asturiana no ámbito universitario.
Fonte: La Voz de Asturias
As institucións vascas apelan ao consenso en favor do idioma no Día Internacional do Éuscaro
A lingua vasca conseguirá o consenso por parte das institucións do País Vasco no Día Internacional do Éuscaro, que se celebra o xoves 3 de decembro, pois defenderán o seu «compromiso» para promover o uso deste idioma.
Fonte: Diario Vasco
Eitb.com estrea o seu novo portal Euskaraz, dispoñible en catro idiomas
Con motivo do Día do Éuscaro, eitb.com estrea o seu novo portal Euskaraz, que estará dispoñible en catro idiomas: éuscaro, castelán, inglés e francés. O portal ofrecerá cursos de lingua vasca deseñados de forma especial para poder realizalos en liña desde o ordenador.
Fuente: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín