España

O Concello de Valencia aproba unha denominación bilingüe e non normativa da cidade

O pleno do Concello de Valencia acordou a nova denominación da cidade, que pasará a ter un nome bilingüe "Valencia/València". Esta medida está a xerar controversia, xa que a nova denominación se afasta da forma normativa en valenciano.

Fonte: Diari de la Llengua

Comunidade Valenciana

O Goberno Vasco destina 50.000 euros a Garabide para fortalecer lazos con comunidades lingüísticas francófonas

O executivo vasco outorga unha axuda directa á asociación Garabide Kultur Elkartea para promover a cooperación internacional con pobos francófonos que traballan pola revitalización das súas linguas propias. A iniciativa aposta polo intercambio de experiencias e a solidariedade lingüística entre pobos.

Fonte: Euskadi

País Vasco

Navarra impulsa o uso social do éuscaro cun convenio entre Euskarabidea e a asociación LABA

O Goberno de Navarra asinou un acordo con Laba Elkartea, asociación que promove a cultura vasca, co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro en espazos sociais. O convenio inclúe actividades culturais e educativas que incentivan a visibilidade e a práctica diaria da lingua.

Fonte: Euskarabidea

Navarra

Comezan en Oviedo os cursos intensivos de asturiano da Academia da Lingua Asturiana

Até o venres 25 de xullo, o campus de El Milan en Oviedo acolle dous cursos de verán promovidos pola Academia da Lingua Asturiana en colaboración coa Universidade de Oviedo: un intensivo de nivel B2 e outro centrado no teatro asturiano.

Fonte: La Vanguardia

Asturias

O BNG esixe que a nova ferramenta xudicial Atenea sexa operativa en galego desde o seu lanzamento en 2026

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha proposición non de lei para que a nova ferramenta xudicial Atenea sexa operativa en todas as linguas cooficiais de España desde o seu lanzamento en 2026. Rego subliñou que, segundo a Carta Europea das Linguas, España comprometeuse a garantir o uso das linguas oficiais na Administración de Xustiza.

Fonte: Europa press

Madrid

A Generalitat lanza axudas para organizar cursos gratuítos de catalán

Co fin de incrementar a oferta total de prazas para aprender catalán, a Generalitat de Cataluña abriu unha nova liña de axudas dirixida a concellos pequenos, consellos comarcais e entidades sen ánimo de lucro para ofrecer cursos gratuítos de catalán para adultos nos niveis A1 e A2 para o curso 2025-2026.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Pecha a Escola Catalá de Dobraxe tras máis de dúas décadas formando profesionais da voz

Despois de 22 anos de actividade, a Escola Catalá de Dobraxe anuncia o seu peche. A entidade foi pioneira na formación de actores e actrices de dobraxe en catalán e deixa tras de si unha xeración de profesionais que traballan no sector audiovisual. A falta de apoio institucional e a precariedade do sector contribúen á súa clausura.

Fonte: Diari de la Llengua

Cataluña

A Semana do Libro en Catalán presenta o programa da súa nova edición

A 43ª edición da Semana do Libro en Catalán celebrarase nun novo emprazamento cunha programación de récord que inclúe 93 casetas, 312 expositores e 300 actividades. Promovida polo Departamento de Política Lingüística, a feira incorporará novos espazos dedicados á conversa, á lectura, ás familias e a outros ámbitos.

Fonte: Diari de la Llengua

Cataluña

Denuncian en Cataluña a non aplicación da lei do cinema en catalán

Ao se faceren 15 anos da Lei 20/2010 do Cinema, a Plataforma pola Lingua alerta que, por falta de regulación e sancións, esta norma non se aplica, deixando o cinema en catalán nunha situación “de precariedade absoluta”. Aínda que a lei esixía inicialmente que o 50 % dos filmes comerciais se proxectasen en catalán (reducido ao 25 % en 2017), en ningún caso se atinxiron estes niveis.

Fonte: Diari de la Llengua

Cataluña

As entidades xa poden sumarse ao Pacto Nacional pola Lingua de Cataluña

O Departemento de Política Lingüística de Cataluña habilitou o procedemento para que entidades, institucións e empresas se sumen ao Pacto Nacional pola Lingua, presentado o pasado 13 de maio. Trátase dun compromiso colectivo para garantir o futuro do catalán até 2030, promovendo accións en todos os ámbitos e sostendo a oficialidade plena do idioma dentro do marco do plurilingüismo e da diversidade que caracteriza a Cataluña de hoxe.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder