España

As radios privadas incumpren as cotas de música en catalán, que apenas alcanza o 12,4 %

Plataforma per la Llengua denuncia que a maioría das emisoras privadas que operan en Cataluña continúan sen cumprir a cota legal do 25 % de música en catalán, a pesar do fin das exencións aprobado polo Consello do Audiovisual de Cataluña (CAC). Segundo un estudo da entidade, o tempo de emisión nesta lingua apenas supera o 7 % e moitas cancións difúndense fóra das horas de máxima audiencia.

Fonte: Diari per la Llengua

Cataluña

O Concello de Pamplona convoca o seu certame literario en éuscaro para autoría novel

O Concello de Pamplona convoca o XXXV Certame Literario en éuscaro para autoría novel co obxectivo de promover a creación literaria nesta lingua. As persoas participantes deben nacer ou residir en Navarra e non ter máis dun libro individual publicado. O prazo de presentación remata o 27 de outubro de 2025. O certame inclúe as modalidades de poesía e narración, con premios de ata 2500 euros e varias mencións. Os textos deben ser orixinais, inéditos e de temática libre.

Fonte: Iruñeko Udala

Navarra

O Goberno balear convoca cursos de formación en catalán para o funcionariado

A Escola Balear de Administración Pública iniciará o 23 de setembro os cursos de formación en catalán dirixidos ao persoal das administracións públicas. A oferta, enmarcada no Plan de Formación Lingüística 2025, inclúe 910 prazas en liña e 175 prazas presenciais para talleres orais en Mallorca, Menorca e Eivisa. As probas de nivel realizaranse en marzo de 2026. O obxectivo é reforzar a competencia lingüística e consolidar unha administración próxima á realidade sociolingüística do territorio.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O Goberno vasco reforzará o ensino do éuscaro nos Estados Unidos

O Goberno Vasco e a organización NABO asinaron un acordo estratéxico para impulsar a ensinanza do éuscaro nas Euskal Etxeak dos Estados Unidos. A iniciativa, enmarcada no programa Euskara Munduan, busca formar docentes dentro das propias comunidades para garantir a transmisión do idioma sen depender de profesorado externo.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Os xulgados das Illas Baleares deberán usar exclusivamente os topónimos oficiais en catalán

O Ministerio de Xustiza trasladoulles aos xulgados das Illas Baleares a indicación de empregar unicamente os topónimos oficiais en catalán, como Eivissa, Maó ou Ciutadella, mesmo nos documentos redactados en castelán. A medida responde así a unha demanda histórica de entidades que defenden o uso do catalán e baséase na lexislación vixente, que recoñece estes nomes como os únicos legalmente válidos.

Fonte: Nou Diari

Illas Baleares

Denuncian a supresión do catalán no cine de estrea na canle pública balear IB3

A Obra Cultural Balear acusa o Goberno do arquipélago de vulnerar a lexislación vixente ao suprimir na canle televisiva IB3 a opción de audio en catalán nas estreas cinematográficas, feito que considera un retroceso na normalización lingüística. A entidade reclama unha rectificación inmediata e lembra que a programación da televisión pública debe cumprir unha función social. Alertan de que sen contidos en catalán, a canle perde o seu sentido autonómico, nun panorama xa saturado de ofertas en castelán.

Fonte: Diari de la Llengua

Illas Baleares

A Feira Internacional de Mostras de Asturias 2025 dálles visibilidade un ano máis ás empresas comprometidas co asturiano

Iniciativa pol Asturianu consolida a súa presenza na Feira Internacional de Mostras de Asturias 2025 cun espazo propio que reúne numerosas empresas que empregan o asturiano na súa actividade. A entidade busca amosar o potencial económico e social desta lingua, organizando tamén actos culturais e un día dedicado ao asturiano en homenaxe ao escritor Xuan Bello. Promóvese ademais unha campaña para captar persoas socias, entregando un dicionario como agasallo. O obxectivo é reforzar o prestixio do asturiano como motor de riqueza e identidade.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

O Voluntariado pola Lingua mantén a súa actividade durante o verán en Cataluña grazas á súa flexibilidade

Este programa ofrece durante o verán un espazo flexible para practicar catalán en contornas informais e culturais. As parellas lingüísticas poden atoparse presencialmente ou por videoconferencia, segundo as súas necesidades. O obxectivo é reforzar a fluidez e a confianza no idioma sen interrupcións estacionais.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno balear realizará unha macroenquisa sobre o uso do catalán no arquipélago

O Goberno balear impulsará este ano unha macroenquisa sobre os usos lingüísticos para actualizar os datos de 2014, cando xa se detectara unha diminución do uso social do catalán, e avaliar así o estado actual desta lingua no arquipélago. O estudo analizará variables como o coñecemento do idioma, a súa utilización habitual e a orixe das persoas entrevistadas, nun contexto de forte crecemento da poboación estranxeira.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O Concello de Pamplona impulsa a creatividade en éuscaro coa convocatoria dunha nova edición do seu certame literario

O Concello de Pamplona convoca o XXXV Certame literario en éuscaro para autoría novel nas modalidades de poesía e narrativa, dirixido a persoas nacidas ou residentes en Navarra. As obras deberán ser orixinais e inéditas, e poderán presentarse ata o 27 de outubro. O concurso reparte 9000 euros en premios.

Fonte: Iruñeko Udala

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder