España

O presuposto para os euskaltegis alcanza 29,8 millóns de euros

O Goberno vasco inviste un total de 29,8 millóns de euros para o financiamento dos euskaltegis durante o curso 2016-2017.

Fonte: El Diario

País Vasco

A lingua asturiana xa aparece no repositorio de datos lingüísticos para aplicacións informáticas CLDR

O rexistro CLDR (Common Locale Data Repository) xa ten na súa base de datos o asturiano, coa información necesaria para o seu emprego en aplicacións informáticas.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

O Concello de San Sebastián destinará 301 463 euros a subvencións para o estudo do éuscaro

Estas subvencións están destinadas aos alumnos dos euskaltegis no curso 2016–2017, co obxectivo de animar a aprender o idioma aos cidadáns que non o coñecen.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Un 65 % dos alumnos do País Vasco estudará de maneira íntegra en éuscaro durante o curso 2016-2017

O novo curso no País Vasco terá un total de 373 117 alumnos, dos cales o 65 % estudará completamente en éuscaro. No caso das novas incorporacións (nenos de 3 a 5 anos) a porcentaxe sobe ao 77,8 %.

Fonte: El Diario

País Vasco

A comarca de Jacetania reivindícase como zona de utilización histórica da lingua aragonesa

Esta comarca de Huesca solicitoulle ao Goberno de Aragón que declare o territorio como zona de utilización histórica da lingua aragonesa, pois esa é a lingua tradicional dos municipios da comarca.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

As escolas de Castela e León non contarán con clases de leonés por falta de demanda

Segundo o conselleiro de Educación, o ensino do leonés non se levará ás aulas por carecer de demanda entre os estudantes.

Fonte: La Vanguardia

Castela e León

O Goberno de Aragón crea un premio para galardoar escritores aragoneses en lingua catalá

O premio Guillem Nicolau galardoará escritores aragoneses en lingua catalá. Este premio, unido ao creado en abril (premio Desideri Lombarte) para galardoar as persoas que promovan o catalán, formalizan a aposta do Goberno pola promoción desta lingua.

Fonte: ABC

Aragón

O 63 % das persoas que se presentan ás probas de catalán da Generalitat de Cataluña obtén o certificado correspondente

Das 3107 persoas que se presentaron ás probas oficiais de lingua catalá da Dirección Xeral de Política Lingüística aprobáronas un total de 1984.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Chega aos centros médicos privados de Cataluña unha nova edición da campaña de fomento da lectura de revistas en catalán

Ponse en marcha a segunda edición do proxecto “T’agradarà llegir en català” que fará chegar arredor de 9000 revistas en catalán a 300 centros médicos privados de Cataluña para que estean a disposición dos usuarios nas salas de espera.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Os alumnos de Infantil de varias localidades de Aragón poderán estudar en aragonés

O Goberno de Aragón puxo en marcha en cinco centros do Pireneo un proxecto piloto que permitirá que algunhas materias de Infantil se impartan utilizando o aragonés como lingua vehicular.

Fonte: Diario del Alto Aragón

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder