España

A Confederación do Comercio de Cataluña convoca un premio á mellor iniciativa lingüística neste sector

O Premio CCC á mellor iniciativa lingüística do sector comercial ten como obxectivo impulsar o uso do catalán no comercio, os servizos e o turismo.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno vasco subvencionará a produción de materiais escolares dixitais en éuscaro

En total destinaranse 200 000 euros para subvencionar a produción de materiais escolares dixitais en éuscaro para as ensinanzas regradas non universitarias.

Fonte: El Diario

País Vasco

O número de entidades que fomentan a lingua catalá crece un 14 % en 2016

O Censo de entidades de fomento da lingua catalá incorporou 26 entidades novas respecto ao 2015. Este censo agrupa máis de 700 000 socios de diferentes ámbitos de actuación.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Baracaldo aproba axudas por valor de 30 000 euros para o estudo do éuscaro

Estas subvencións están destinadas aos habitantes do municipio matriculados nalgún dos cursos de éuscaro entre o 1 de setembro do 2015 e o 31 de agosto de 2016.

Fonte: En Baracaldo

País Vasco

Un equipo de tres filólogos elaborará a nova ortografía da lingua aragonesa

Un lingüista español, un francés e outro suízo foron os escollidos polo Goberno de Aragón para crear unha ortografía que unifique as tres que existen actualmente para escribir en aragonés.

Fonte: La Voz de Asturias

Aragón

O Concello de Vitoria subvencionará o estudo do éuscaro con axudas por valor de 450 000 euros

As axudas irán destinadas á promoción e á aprendizaxe da lingua vasca a través de cursos, axudas económicas aos estudantes e un convenio para promover o cine nesta lingua.

Fonte: ABC

País Vasco

Pídenlle á Junta de Castela e León adoptar medidas para promover e regular o leonés

O Procurador do Común, o valedor do pobo de Castela e León, emitiu unha resolución na que pide que se cumpra o artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía,e esixe medidas para protexer e promover a lingua leonesa.

Fonte: Ileón.com

Castela e León

A proba de acceso á avogacía poderá facerse nunha lingua cooficial segundo o número de alumnos e as dispoñibilidades técnicas

O Ministerio de Xustiza explica que a proba de acceso á avogacía podería realizarse nas linguas cooficiais das comunidades autónomas “en función do número de alumnos e das dispoñibilidades técnicas”.

Fonte: El Punt Avui

Xeral

O Goberno balear organizou sete talleres de lingua catalá para estranxeiros durante o mes de xullo

Estes talleres para a aprendizaxe do catalán para estranxeiros acolleron máis de 100 alumnos durante o mes de xullo, con idades comprendidas entre 12 e 16 anos.

Fonte: La Información

Illas Baleares

A Avogacía do Estado presenta un recurso contra o Plan de normalización lingüística do Concello asturiano de Carreño

O recurso presentado demanda a anulación do Plan de normalización lingüística da lingua asturiana do Concello de Carreño, pese a que os informes xurídicos son favorables ao plan.

Fonte: Asturies

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder