España
Máis de 3000 persoas examináronse para obter un certificado oficial de catalán no último mes
Un total de 3108 persoas presentáronse aos exames para obter un certificado oficial de catalán en maio e xuño. Os certificados C1 e C2 abranguen case o 80 % dos examinados.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A cuarta Estancia lingüística en Barcelona acollerá 25 estudantes de catalán de todo o mundo
A cuarta Estancia lingüística organizada polo Institut Ramon Llull acollerá un total de 25 estudantes de catalán de todo o mundo. Estes estudantes terán a oportunidade de perfeccionar o idioma estando en contacto coa sociedade catalá durante 15 días.
Fonte: El Economista
Clubs de fútbol e municipios de Txorierri asinan un acordo para fomentar o emprego do éuscaro no deporte
Cinco concellos do val de Txorrieri chegaron a un acordo con cinco equipos de fútbol para fomentar o idioma entre os xogadores dos equipos e nas actividades deportivas que realizan.
Fonte: Deia
Un total de 46 proxectos empresariais que incorporan o catalán contarán co apoio do Departamento de Cultura de Cataluña
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña decidiu ofrecer apoio a 46 proxectos empresariais que incorporan o catalán. Entre os proxectos apoiados hai 26 de produtos e servizos tecnolóxicos e 26 de tradución de obras non literarias.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco demanda á Unión Europea un proxecto de diversidade lingüística que inclúa as linguas non oficiais da rexión
O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco fixo un chamamento á Unión Europea demandando un tratamento máis equitativo e inclusivo para todas as linguas non oficiais da rexión.
Fonte: Expansión
As subvencións a medios de comunicación en asturiano aumentan en 2016
As axudas para medios de comunicación en lingua asturiana aumentan en 10 000 euros, polo que se frea a tendencia de recortes dos últimos anos. O aumento total das axudas é do 5,26 %.
Fonte: Asturies
O Goberno da Comunidade Valenciana pide aos alcaldes dos municipios de Vega Baja medidas para o fomento do valenciano
A última enquisa sinala que tan só o 11 % dos habitantes desa rexión sabe escribir en valenciano e que un 14,7 % o fala correctamente. O Goberno mandou un documento solicitando accións por parte dos municipios para mellorar o coñecemento do valenciano.
Fonte: Diario Información
Os plans de fomento do éuscaro no ámbito laboral das empresas cumpren 25 anos
O Goberno vasco leva 25 anos traballando en accións e estratexias para o fomento do éuscaro no ámbito laboral das empresas da comunidade.
Fonte: Deia
O Departamento de Cultura de Cataluña apoia 74 proxectos de entidades e fundacións que fomentan o emprego do catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña subvenciona un total de 74 proxectos procedentes de 67 entidades e fundacións sen ánimo de lucro de Cataluña. Os proxectos promoverán o emprego do catalán en diversos ámbitos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana presenta un libro sobre a presenza do asturiano na televisión pública
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA, polas súas siglas en asturiano) presenta o libro La tele que queremos; televisión pública y reivindicación llingüística n’Asturies que recolle documentos sobre a presenza do asturiano na Radio Televisión do Principado de Asturias (RTPA).
Fonte: El Digital de Asturias
Boletín
Subscríbase ao boletín