España

O Instituto Navarro do Éuscaro destina 300 000 euros para o fomento da lingua en entidades locais

O Instituto Navarro do Éuscaro publicou unha convocatoria de axudas destinadas ao uso do éuscaro por parte das entidades locais en 2016. Con esta axuda busca que aumente a presenza do idioma nestes organismos.

Fonte: Noticias de navarra

Navarra

O emprego do catalán nas sentencias xudiciais en Cataluña supón un 8,4%

O uso do catalán nas sentencias xudiciais de Cataluña sitúase no nivel máis baixo dos últimos dez anos. En 2015 ditáronse un 8,4% das sentenzas nesta lingua.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

A Plataforma pola Lingua demanda que os xuíces en Cataluña saiban catalán

A entidade en defensa do catalán Plataforma pola Lingua pide que se lles esixa saber catalán aos xuíces que exercen en Cataluña.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Éibar apoia o éuscaro e cambia o dominio da súa web a .eus

O equipo de fútbol decidiu mostrar o seu apoio ao idioma cambiando o dominio da súa web a .eus para que todo o mundo teña acceso directo á versión en éuscaro da web. Tamén pensan abrir perfís exclusivos en éuscaro nas redes sociais.

Fonte: Vavel

País Vasco

O centro de terminoloxía e lexicografía UZEI desenvolve o primeiro corrector con tecnoloxía específica para o éuscaro

Este corrector ortográfico é o primeiro en basearse nunha tecnoloxía específica para a lingua vasca, denominada Hobelex e dispoñible para o procesador de textos LibreOffice.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Segundo unha enquisa, o 85% da poboación da Comunidade Valenciana considera que o valenciano se debería usar máis ou igual

Na última enquisa de 2015 sobre o coñecemento e uso social da lingua propia o 85% dos enquisados afirma que o valenciano debería empregarse igual ou máis.

Fonte: Agencia EFE

Comunidade Valenciana

O Consello de Goberno vasco aprobou novas axudas para potenciar actividades docentes en éuscaro

Estas axudas están destinadas a potenciar actividades tanto docentes como extradocentes para garantir o emprego do éuscaro no ámbito educativo, cun importe total de 150 000 euros.

Fonte: Goberno Vasco

País Vasco

Máis da metade dos comercios en Xirona teñen o seu rótulo en catalán

O 59,4 % dos comercios na cidade de Xirona están rotulados en catalán, o que converte esta lingua na máis empregada neste ámbito.

Fonte: Diari de Girona

Cataluña

Unha nova lei de turismo esixe o emprego do éuscaro nos hoteis como requisito para acceder a mellores categorías

A nova Lei de turismo aprobarase a finais do mes de xullo no Parlamento vasco coa introdución do emprego do éuscaro como requisito para que os hoteis accedan a mellores categorías.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

A primeira ópera en aragonés, “Martina”, estrearase no Teatro Salamero de Graus

Esta ópera comezouse a escribir en 2010 partindo dun relato da escritora Elena Chazal. A música está composta por Aurelio Bardaxí e o grupo de canto da escola municipal de música de Graus será o encargado da súa representación.

Fonte: AraInfo

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder