España
Máis de 10 000 parellas lingüísticas formáronse en Cataluña durante 2015 no marco do Voluntariado pola Lingua
Desde a súa posta en marcha no ano 2003, o programa Voluntariado pola Lingua da Generalitat de Cataluña alcanzou as 100 000 parellas lingüísticas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A lei de patrimonio de Aragón conservará as denominacións de catalán e aragonés
O pleno das Cortes aragonesas rexeitou reformar a lei de patrimonio para eliminar as denominacións de "aragonés" e "catalán de Aragón".
Fonte: Heraldo
Vitoria desenvolve campañas de sensibilización para a promoción do uso do éuscaro en diferentes ámbitos
O Concello de Vitoria-Gasteiz e a Deputación Foral de Áraba promoverán a lingua vasca no ámbito do ocio, do tempo libre e do deporte.
Fonte: Gasteiz Hoy
Reúnense diferentes representantes da Administración local para fomentar o uso do valenciano
A Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte organiza o encontro para coordinar as accións en materia de política lingüística.
Fonte: El Periodic
A Comunidade Valenciana establece mecanismos para promover o uso do valenciano na Administración de Xustiza
A Consellería de Xustiza e a Academia Valenciana da Lingua (AVL) acordan o desenvolvemento de iniciativas conxuntas que incentiven o uso do valenciano na xustiza.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno vasco e a empresa Casio presentan a primeira calculadora con posibilidade de seleccionar o éuscaro
O modelo de calculadora ClassWiz de Casio permite escoller idioma e entre eles ofrece a posibilidade de seleccionar o éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O alumnado que opta por realizar a selectividade en éuscaro supón máis do dobre do que prefire o castelán
Dos 9887 estudantes que se van presentar á Proba de Acceso á Universidade, 6808 farano en éuscaro, fronte a 3079 que se decantarán polo castelán.
Fonte: El Correo
O Concello de Oviedo pon en marcha unha campaña para animar á matriculación na materia de Lingua Asturiana
A I Campaña de matriculación na materia de Lingua Asturiana para o curso 2016/2017 está destinada ao alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato.
Fonte: El Comercio
Comeza a emisión da primeira webserie en lingua de signos catalá
Peixos é a primeira serie en lingua de signos catalá e conta xa con cinco capítulos de 10 minutos de duración cada un na súa canle de Youtube.
Fonte: El Periódico
Preséntase un informe coa proxección de futuro do éuscaro
O informe ¿Y a partir de ahora qué? sinala que en 2036 case a metade da poboación total de Euskadi será vascofalante; un 16,7 %, vascofalante pasivo; e un 33,8%, castelanfalante.
Fonte: El Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín