España
El Termcat e a Academia Valenciana da Lingua colaborarán no desenvolvemento de terminoloxía de diversos ámbitos
O Termcat e a Academia Valenciana da Lingua subscribiron un convenio de colaboración para desenvolver terminoloxía relacionada con diferentes ámbitos do coñecemento.
Fonte: ABC
Segundo unha enquisa, arredor de sete de cada dez cataláns queren que catalán e castelán sexan cooficiais
Unha enquisa encargada por El Periódico revela que o 72,7% da poboación catalá considera que o catalán e o castelán deberían ser linguas oficiais nunha Cataluña independente.
Fonte: El Periódico
O Goberno vasco publica un informe que contén as súas previsións sobre o futuro do éuscaro
O documento ¿Y a partir de ahora qué? recolle as previsións do Goberno vasco sobre o futuro do éuscaro e conclúe que en 2013 case a metade da poboación vasca será falante desta lingua.
Fonte: El Diario
Unha manifestación reivindica a oficialidade da lingua asturiana
Arredor de 5000 persoas manifestáronse para pedir a oficialidade do asturiano, unha reivindicación á que este ano se sumaron representantes de oitenta concellos.
Fonte: Asturies.com
Presentan en Bilbao un innovador corpus multilingüe de grande utilidade para os profesionais que traballen coas linguas
Este corpus multilingüe (Hizkuntzen Arteko Corpusa/Corpus Multilingüe Paralelo) será de grande axuda para profesionais cuxa ferramenta de traballo sexan as linguas (tradutores, docentes, escritores ou investigadores).
Fonte: La Vanguardia
Pamplona acollerá unha manifestación a prol do éuscaro nas escolas infantís
Varias organizacións convocaron para o 4 de xuño unha manifestación en Pamplona contra a suspensión cautelar do cambio de modelo a éuscaro de dúas escolas infantís da capital navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Vitoria investirá 84 000 euros no fomento do éuscaro
O Concello de Vitoria-Gasteiz acorda subscribir un convenio de colaboración coa Real Academia da Lingua Vasca por valor de 60 000 euros, convocar o concurso “Gazte Sortzaileak” (18 000 euros) e subvencionar o impulso do éuscaro no comercio local (6000 euros).
Fonte: Noticias de Álava
O Concello de Pamplona subvencionará a organización e realización de actividades que promovan o éuscaro
A convocatoria de axudas vai dirixida a entidades e asociacións sen ánimo de lucro que realicen actividades culturais en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
A Academia Valenciana da Lingua e a Real Academia de Cultura Valenciana reúnense para achegar posturas
Representantes de ambas as entidades participaron nun encontro cuxo obxectivo era achegar posturas acerca do conflito do valenciano que enfronta a estas dúas organizacións.
Fonte: Las Provincias
O Goberno balear recupera as axudas públicas á prensa diaria escrita en catalán
Presentouse a convocatoria de axudas públicas para prensa diaria escrita en lingua catalá, en soporte papel ou dixital.
Fonte: Menorca.info
Boletín
Subscríbase ao boletín