España
O Centro Galicia de Ponferrada convoca un certame de redacción en lingua galega
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Centro Galicia de Ponferrada convoca o II Certame de redacción en galego, dirixido a escolares de primaria e secundaria.
Fuente: Galicia en el Mundo
Preséntase un novo videoxogo sobre mitoloxía vasca en éuscaro
Sorginen Kondaira é un videoxogo en 3D ambientado na mitoloxía vasca e que está en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Un acto en Barcelona reivindica o catalán e as súas variantes dialectais
Unhas 600 persoas asistiron ao acto organizado pola Plataforma per la Llengua.
Fonte: La Vanguardia
Un informe do Principiado de Asturias afirma que o Plan de normalización lingüística do Concello de Carreño non é ilegal
O informe xurídico elaborado pola Consellería de Educación e Cultura do Principado de Asturias recolle que o Concello ten competencias para desenvolver unha política de promoción da lingua.
Fonte: La Nueva España
Convócase en Pamplona unha manifestación a prol do éuscaro
Kontseilua, o Consello dos Organismos Sociais do Éuscaro, convocou unha mobilización para o vindeiro 4 de xuño en Pamplona co obxectivo de reivindicar unha política lingüística eficaz para esta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Celébrase o 30 aniversario da aprobación da Lei de normalización lingüística do arquipélago balear
Co gallo da celebración dos 30 anos da Lei de normalización lingüística, aprobada en abril de 1986, o Goberno balear puxo en marcha unha serie de actividades para conmemorar esta data.
Fonte: Menorca.info
Cataluña promove o Terceiro Congreso Internacional da Lingua Catalá 30 anos despois da segunda edición
A Consellería de Cultura da Generalitat estima conveniente facer unha reflexión sobre a situación da lingua catalá.
Fonte: El Periódico
A Deputación de Áraba destinará 50 000 euros a sensibilizar o sector socioeconómico sobre o uso do éuscaro
Como recolle o Plan Estratéxico 2014-2017, apróbase esta medida para promover e fomentar o éuscaro no mundo laboral.
Fonte: 20 minutos
O Goberno de Aragón crea un premio para fomentar o catalán
O premio outorgarase cada dous anos a pesar de que o catalán, polo momento, non está recoñecido como lingua propia da Comunidade.
Fonte: ABC
Impulsan unha ordenanza municipal en Avilés para fomentar o uso do asturiano
A ordenanza foi aprobada en pleno municipal pola maioría dos partidos políticos do Concello de Avilés.
Fonte: La Voz de Avilés
Boletín
Subscríbase ao boletín