España
Segundo un estudo do Goberno vasco, o éuscaro supón o 4,2 % do PIB de Euskadi
O informe Valor e impacto económico del euskera conclúe que esta lingua supón o 4,2 % do PIB do País vasco, o que se traduce nuns 2800 millóns de euros, e xera 56 142 empregos.
Fonte: El Diario
O Concello de Pamplona destina 31 000 euros á realización de actividades culturais en éuscaro
O orzamento de 31 070 euros repártese entre doce entidades que se encargarán de pór en marcha actividades culturais e artísticas en éuscaro durante 2015.
Fonte: ABC
O Parlamento de Asturias apoia o Plan de dignificación da lingua asturiana
A Xunta Xeral do Principado de Asturias aprobou unha proposición non de lei de Esquerda Unida destinada a poñer en marcha un plan para dignificar, protexer e normalizar a lingua asturiana.
Fonte: El Comercio
Elizondo acolle unha festa do éuscaro na que participan miles de persoas
A localidade navarra de Elizondo acolle o Nafarroa Oinez 2015, a festa do éuscaro, que conta con actividades musicais, gastronómicas e infantís.
Fonte: El Correo
Esíxenlle a Netflix, o maior provedor de televisión por internet do mundo, a emisión de contidos en catalán
Con motivo da chegada ao Estado español de Netflix, a Plataforma pola Lingua envioulle unha carta para solicitarlle que emita contidos en catalán.
Fonte: La Vanguardia
A porcentaxe de materias en éuscaro na Universidade Pública de Navarra alcanza o 20 %
Na Universidade Pública de Navarra vai en aumento a docencia en éuscaro, que chega ao 20 % do total, e en inglés, que alcanza o 18 %.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno vasco revisará o exame do certificado de coñecemento do éuscaro EGA
O Parlamento Vasco debate unha proposición non de lei que ten como obxectivo reformular o sistema para a certificación oficial do coñecemento de éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Unha nova liña de subvencións do Goberno de Cataluña fomentará a dobraxe ao catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística pon en marcha unha liña de axudas para fomentar a dobraxe ao catalán e os subtítulos nesta lingua das producións audiovisuais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ponse en marcha en Cataluña unha proba piloto do programa Voluntariado pola Lingua virtual
A Dirección Xeral de Política Lingüística e o Consorcio pola Normalización Lingüística puxeron en marcha unha proba piloto cunha modalidade virtual do Voluntariado pola Lingua (VxL).
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un total de doce empresas vascas participa nun proxecto para alcanzar o 90 % de utilización do éuscaro
Doce empresas participarán no proxecto Euslan posto en marcha polo Goberno vasco que persegue aumentar o uso do éuscaro no ámbito laboral. O obxectivo é que estas compañías logren o 90 % de utilización desta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Boletín
Subscríbase ao boletín