España
O Concello de Castellón organiza cursos de valenciano en liña para o seu persoal
A Concellería de Normalización Lingüística organiza cursos de valenciano en liña para o persoal do Concello que permitirán que se preparen para obter os certificados de nivel C1 e C2.
Fonte: El Periodic
A nova Lei de linguas de Aragón recoñecerá a realidade lingüística da comunidade
Desde o departamento de Educación, Cultura e Deporte indican que se tentará que a nova lei sexa unha norma de consenso.
Fonte: Diario de Teruel
O modelo D xera debate no País Vasco debido ao retroceso do éuscaro nas aulas
Un estudo realizado entre os alumnos de 4º de Primaria e 2º de ESO revela un retroceso do coñecemento do éuscaro tanto oral como escrito.
Fonte: El Diario Vasco
A Deputación de Valencia publica un vocabulario con termos en valenciano das festas de Pascua
A Unidade de Normalización Lingüística da Deputación de Valencia foi a encargada da elaboración deste vocabulario de termos en valenciano relativos ás festas de Pascua.
Fonte: El Periodic
Anulan o Plan de normalización lingüística do Concello asturiano de Carreño
Esta anulación súmase a outras realizadas anteriormente en diferentes concellos asturianos y débese á ausencia de competencias por parte destes para declarar a cooficialidade do asturiano xunto co castelán.
Fonte: Asturies.com
Ponse en marcha unha campaña para fomentar o uso do éuscaro a través do ciclismo e Internet
Segundo informou a Fundación PuntuEUS, a campaña iniciarase do 1 ao 17 de abril para ampliar a difusión do dominio .eus.
Fonte: EITB
Preto do 90 % dos profesores vascos non ten a capacitación necesaria para impartir clases en inglés
Só o 1 3% do profesorado vasco dispón do nivel B2 de inglés, acreditación necesaria no País Vasco para impartir clases neste idioma.
Fonte: El Correo
Xa está dispoñible Twitter en catalán para móbiles iOS e pronto chegará aos Android
Desde a Generalitat aseguran que a presenza do catalán en Twitter é un grande avance para o idioma en canto á presenza nesta rede social.
Fonte: El Periódico
Preséntase un manifesto que reclama o catalán como única lingua oficial de Cataluña
Os impulsores deste manifesto queren concienciar a poboación sobre a situación do catalán e o seu papel vertebrador e sobre os riscos do bilingüismo.
Fonte: El País
Unha asociación da Comunidade Valenciana reclama unha lei de igualdade lingüística
A asociación Acció Cultural del País Valencià reclama esta lei de igualdade lingüística ante a petición realizada por un xulgado de Benidorm de que se traducise unha demanda ao castelán para axilizar trámites.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín