España

Apróbase por unanimidade o borrador do Plan de normalización lingüística do Concello de Xixón

Os representantes de todos os grupos políticos municipais apoiaron o texto do borrador do Plan de normalización lingüística, cuxa aprobación definitiva está prevista para o 16 de marzo.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Preséntase unha campaña de fomento do uso do valenciano na pirotecnia impulsada pola Deputación de Valencia

A nova campaña de fomento do valenciano dedicada ao vocabulario relativo á pirotecnia consta de tres carteis que inclúen o léxico máis característico deste ámbito.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña rexeita que o catalán sexa a lingua de uso exclusivo do funcionariado

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña anulou parcialmente o regulamento que establece o catalán como lingua de comunicación entre o funcionariado e tamén que as conversas se teñan que iniciar neste idioma.

Fonte: El Periódico

Cataluña

O Pleno do Parlamento de Navarra acorda ter en conta as recomendacións europeas sobre política lingüística

Apróbase por unanimidade que a Cámara considere as recomendacións realizadas no informe de avaliación sobre a política lingüística dos estados do Consello de Ministros do Consello de Europa e a Comisión de Expertos.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

Oito de cada dez persoas maiores de 15 anos en Cataluña saben falar catalán

Este e outros datos sobre a lingua catalá poden consultarse no portal web 'El català en xifres' posto en marcha pola Generalitat.

Fonte: El Mundo

Cataluña

Lanzan un novo tradutor automático entre as linguas que se falan en Aragón

A organización sen ánimo de lucro Softaragonés é a creadora deste novo tradutor en liña para as linguas que se falan en Aragón, isto é, catalán, aragonés e castelán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Aragón

Ponse en marcha unha campaña en Navarra para solicitar a opción de elixir estudos de FP en éuscaro

Varios colectivos solicitan que os impresos de prematrícula de Formación Profesional conten cunha cela que permita expresar a demanda en éuscaro para estes estudos.

Fonte: El Diario Vasco

Navarra

O Goberno de Aragón inicia o proceso para procurar unha grafía común e oficial para normalizar o uso do aragonés

O Goberno de Aragón iniciou un proceso de procura dunha grafía común e oficial co obxectivo de superar a dispersión que supón o uso de distintas grafías.

Fonte: AraInfo

Aragón

Un informe do Parlamento vasco indica que o éuscaro supón o 4,2 % do PIB do País Vasco

O viceconselleiro de Política Lingüística vasco destacou o impacto que xera o éuscaro en termos económicos sobre o PIB en comparación con outros sectores.

Fonte: Deia

País Vasco

Unha guía publicada pola Generalitat de Cataluña axudará a aprender catalán desde o francés

O Departamento de Cultura publicou esta guía que vai dirixida á poboación de Cataluña que ten o francés como lingua inicial ou de aprendizaxe.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder