España

O catalán converterase en requisito para acceder á Administración pública en Baleares

O Goberno balear iniciou a tramitación para modificar a lei da función pública e facer que o catalán se converta nun requisito para acceder á Administración.

Fonte: TeleCinco

Illas Baleares

Preséntase o novo currículo de euscaldunización de persoas adultas

O novo Currículo Básico da Euscaldunización de Persoas Adultas define, por primeira vez, os seis niveis do Marco Europeo para as Linguas.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Goberno de Asturias reduce as axudas aos medios de comunicación en asturiano

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte reduciu as subvencións a empresas informativas para a normalización do asturiano un 37 %.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Os centros con liña de valenciano non estarán obrigados a impartir, polo menos, unha materia non lingüística en castelán

O Goberno valenciano eliminará a obrigatoriedade dos centros educativos que contan con liña en valenciano de impartir, como mínimo, unha materia non lingüística en castelán.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Cataluña e Baleares cooperarán en materia de lingua catalá e de cultura

Os gobernos balear e catalán asinarán un convenio de colaboración que beneficiará a creadores de ambas as comunidades.

Fonte: El Mundo

Xeral

WordReference.com amplía a súa oferta de ferramentas lingüísticas en liña coa incorporación do catalán

As xestións da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña permitiron que o portal de dicionarios en liña WordReference.com incorporase recentemente un dicionario de definicións en lingua catalá.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A política lingüística do País Vasco servirá como referente para a normalización do guaraní

Paraguai quere tomar como modelo o traballo desenvolvido en materia lingüística co éuscaro para aplicalo á normalización do guaraní, lingua oficial deste país xunto co español.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Preséntanse os resultados sobre a situación do catalán do Informe de Política Lingüística 2014

Este novo informe revela, entre outros datos, que o 60 % das persoas nacidas en Cataluña cun dos dous proxenitores tamén nativo usa o catalán cos seus fillos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O TERMCAT asina dous convenios de colaboración que potenciarán a presenza do catalán no ámbito terminolóxico

O TERMCAT asinou un convenio para enriquecer a versión catalá da base de datos IATE do Parlamento Europeo e outro con Aenor para desenvolver as versións catalás das normas UNE.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Piden a Apple que introduza o éuscaro no sistema operativo dos seus dispositivos

A través de change.org é posible subscribirse a esta petición fomentada pola organización Iparra.

Fonte: El Correo

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder