España
Máis de cen colectivos apoian un manifesto a prol da radiotelevisión valenciana e a reciprocidade coas canles en catalán
Un total de 129 colectivos apoia a reapertura de RTVV e a reciprocidade con IB3 e TV3 para crear un espazo audiovisual común.
Fonte: El Periódico
Preséntase en Donostia "Hitzargiak", un proxecto que busca iniciativas para revitalizar as linguas minoritarias europeas
Soziolinguistika Klusterra e Donostia 2016 crean o proxecto "Hitzargiak" para revitalizar as linguas minoritarias de Europa coa identificación de boas prácticas.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
A modificación da Lei do patrimonio cultural recoñecerá o catalán e o aragonés como linguas propias de Aragón
Catalán e aragonés figurarán como linguas propias de Aragón tras a modificación da Lei do patrimonio cultural aragonés.
Fonte: Diario de Teruel
A Generalitat pon en marcha un curso de catalán en liña dirixido aos nenos de familias catalás que viven fóra de Cataluña
O curso en liña "De cap a cap" ten como obxectivo que os fillos destas familias poidan aprender catalán de xeito divertido e sinxelo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat Valenciana impulsa o valenciano no ámbito asociativo e empresarial con máis de 2 millóns de euros
A Dirección Xeral de Política Lingüística promoverá o valenciano no ámbito asociativo e empresarial e creará un selo de calidade para as empresas que fomenten o multilingüismo.
Fonte: La Información
O Concello asturiano da Veiga recoñece o galego como lingua oficial do municipio
O Concello asturiano da Veiga (Vegadeo) aprobou unha ordenanza que recoñece o dereito dos cidadáns a empregar o galego nas mesmas condicións que o castelán.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Créase o primeiro portal dixital informativo en éuscaro sobre actualidade arabesa
Toda a actualidade das cuadrillas arabesas será publicada en éuscaro en Alea.eus.
Fonte: Noticias de Álava
Un convenio de colaboración entre entidades vascas promove o Observatorio de Medios de Comunicación en Éuscaro
Hekimen Euskal Hedabideen Elkartea, a UPV/EHU, a Universidade de Deusto e Mondragon Unibertsitatea asinan un convenio de colaboración para promover o Observatorio de Medios de Comunicación en Éuscaro.
Fonte: Universidad del País Vasco
Un paporroibo convértese no novo símbolo para o fomento do éuscaro
As institucións vascas presentaron este novo símbolo do éuscaro para fomentar o emprego desta lingua nas relacións cotiás no marco dunha campaña cuxo lema é "Dálle alas ao éuscaro" (Eman hegoak euskarari).
Fonte: Deia
Rexístrase no Parlamento andaluz unha proposición non de lei que posibilite estudar as linguas cooficiais nos centros educativos
A proposición non de lei presentada polo grupo parlamentario de Ciudadanos propón que o alumnado andaluz de Primaria, Secundaria e Bacharelato poida estudar galego, éuscaro e catalán.
Fonte: Galicia Hoxe
Boletín
Subscríbase ao boletín