España

A Universidade de Huelva incrementará o número de materias impartidas en lingua estranxeira

O próximo curso académico 2015-2016 a Universidade de Huelva contará cun total de 300 créditos académicos que se impartirán en lingua estranxeira. Este incremento no número de materias impartidas en lingua estranxeira prevese que continúe ata acadar o 25 % do total.

Fonte: Huelva Ya

Andalucía

Diferentes actividades conmemorarán o Día das Linguas de Signos na Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana celebrará o Día das Linguas de Signos con diferentes actividades programadas en varias localidades. O obxectivo é concienciar a poboación sobre estas linguas.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación de Asturias inicia unha campaña para aumentar as matriculacións en asturiano

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte de Asturias puxo en marcha unha campaña para que os escolares se matriculen na materia de lingua asturiana, co obxectivo de fomentar o seu uso e darlle maior visibilidade.

Fonte: Asturnews

Asturias

A localidade vasca de Dulantzi celebra un acto para país e fillos a favor do éuscaro

A festa Euskal Jaia celebrada no concello de Dulantzi congregou a país e nenos que se reuniron na localidade para reivindicar o éuscaro e a súa cultura, baixo o lema “sinte, pensa e actúa”.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

As persoas xordas celebran o Día da Lingua de Signos para reivindicar a súa importancia

O Día da Lingua de Signos celebrouse por primeira vez en España para reivindicar esta lingua e a súa importancia, xa que a falan máis de 70 000 persoas e é esencial para a integración das persoas xordas na sociedade.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Crean un xogo de Trivial en liña en éuscaro, castelán e inglés

Tribual é un xogo tipo Trivial en liña creado por unha empresa vasca que se pode descargar para móbiles en tres linguas diferentes (éuscaro, castelán e inglés) e que xa conta con máis de 1500 descargas.

Fonte: EITB

País Vasco

Concelleiros de máis de vinte concellos de Asturias xuran os seus cargos en asturiano

En resposta a unha campaña de Iniciativa polo Asturiano, concelleiros de máis de vinte concellos de Asturias xuraron os seus novos cargos en lingua asturiana, o que consideran un éxito desde a organización.

Fonte: Asturnews

Asturias

Crean un novo premio de novela en catalán para descubrir novos autores nesta lingua

A editorial Anagrama creou un novo premio de novela en catalán para descubrir novos autores nesta lingua, xa que desde que comezou a publicar títulos en catalán, estes só foran traducións doutras linguas.

Fonte: El Periódico

Cataluña

O laboratorio farmacéutico CINFA recibe un premio pola súa promoción do éuscaro no ámbito farmacéutico

O premio Feuseren Farnaburua, entregado pola Asociación de farmacéuticos euscaldúns, recaeu no laboratorio farmacéutico CINFA polo seu labor de impulso e promoción do éuscaro, con accións como a participación no Dicionario dixital de farmacia en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Palma de Mallorca pasará a comunicarse só en catalán

A nova corporación municipal de Palma de Mallorca utilizará o catalán como lingua exclusiva de comunicación, dado que é a de maior uso nos medios de comunicación baleares.

Fonte: Mallorca Confidencial

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder