España

A Deputación Foral de Biscaia aposta pola transversalidade do éuscaro na institución

O proxecto de orzamentos para 2016 prevé un incremento do 4,8 % para o fomento do coñecemento e o emprego do éuscaro.

Fonte: Bizkaiko Foru Aldundia

País Vasco

Unha web publica modelos de documentos legais en catalán

O sindicato UXT publicou en catalán na súa páxina web algúns dos modelos de documentos xurídicos máis utilizados.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno vasco convoca axudas aos comercios para a rotulación en éuscaro e para a capacitación do persoal nesta lingua

Aprobouse unha orde que regula as subvencións, por un importe de 500 000 euros, para a tradución ao éuscaro da rotulación de grandes establecementos comerciais, así como a capacitación en éuscaro do seu persoal.

Fonte: 20minutos

País Vasco

O Goberno balear coordinará accións de dinamización lingüística cos consellos insulares

A directora xeral de Política Lingüística mantivo un encontro para coordinar actuacións de dinamización lingüística cos conselleiros de Cultura de Eivisa e Formentera, no marco dunha rolda de reunións cos consellos insulares.

Fonte: Govern de les Illes Balears

Illas Baleares

Recupéranse en Navarra as subvencións para a euscaldunización de persoas adultas

O Goberno de Navarra convoca axudas para a euscaldunización de persoas adultas, algo que non acontecía desde setembro de 2012.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Goberno de Navarra proponse impulsar unha política lingüística positiva

A vontade do Goberno é poñer en práctica unha política lingüística positiva que garanta que as persoas que así o desexen poidan dirixirse en éuscaro á Administración.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Barakaldo edita unha guía para que comerciantes e hostaleiros poidan atender os seus clientes en éuscaro

Os responsables de establecementos hostaleiros e comerciais de Barakaldo poderán desenvolver o seu traballo en éuscaro grazas á guía que acaba de editar o concello.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Concello de Alacant inicia unha campaña para fomentar o uso do valenciano entre o persoal municipal

A campaña informativa posta en marcha polo Concello de Alacant ten como obxectivo fomentar o cumprimento da normativa vixente sobre o uso da lingua valenciana entre o persoal municipal.

Fonte: Alicante Actualidad

Comunidade Valenciana

A Generalitat Valenciana acorda que o valenciano sexa a lingua habitual de comunicación da institución

O valenciano será a lingua habitual de comunicación da Generalitat, segundo se acordou nunha reunión da Comisión Interdepartamental para a aplicación da Lei de uso do valenciano.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Preséntase o cuarto vídeo do proxecto de fomento do éuscaro Poziktibity

O cuarto vídeo do ano 2015 do proxecto Poziktibity presentouse en Bilbao, un vídeo que está directamente relacionado co Día Internacional do Éuscaro.

Fonte: Bilbao Actual

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder