España

A radio en Cataluña escóitase maioritariamente en catalán, cun consumo nesta lingua que alcanza o 68,9 %

Malia unha lixeira diminución de consumo de radio en catalán con respecto ao ano anterior, a cota nesta lingua continúa sendo maioritaria, mentres que no caso da televisión o castelán se mantén como a lingua principal.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Piden a modificación da Lei da función pública balear para recuperar o requisito de catalán no acceso á Administración

O Sindicato de Traballadores e Traballadoras Intersindical solicitoulle ao Goberno balear que modifique a lei e volva esixirse o requisito da lingua catalá para acceder ás convocatorias de emprego da Administración.

Fonte: Diari de Balears

Illas Baleares

O terceiro vídeo do proxecto Poziktibity céntrase nos dereitos lingüísticos da cidadanía vasca

Presentouse o terceiro vídeo do proxecto Poziktibity que se centra no dereito a que a Administración atenda os cidadáns na lingua que eles escollan.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco regulará os requisitos lingüísticos das empresas que opten a un contrato público

A instrución que está a elaborar o Goberno, ademais de regular os requisitos lingüísticos das empresas que opten a un contrato público, servirá de marco para o resto de administracións.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Goberno vasco asina un convenio coas entidades financeiras para garantir os dereitos lingüísticos dos clientes

Trátase dun convenio de colaboración en materia de dereitos lingüísticos entre o Goberno vasco e as principais entidades financeiras presentes en Euskadi.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Preséntase unha nova gramática da lingua valenciana

Esta nova gramática do valenciano preséntase con motivo da celebración do centenario da Real Academia da Lingua Valenciana.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Unha campaña de normalización lingüística fomentará o uso social do catalán en Baleares

A campaña está prevista para 2016 e ten como obxectivo impulsar o uso do catalán en todos os ámbitos da vida social.

Fonte: UH Noticias

Illas Baleares

Tras catro anos de inactividade, Baleares recupera o Consello Social da Lingua Catalá

Tras permanecer catro anos sen actividade, anunciouse a convocatoria do Pleno do Consello Social da Lingua Catalá.

Fonte: El Día

Illas Baleares

O dicionario xurídico parlamentario do éuscaro unificará a terminoloxía que utilizan as cámaras vasca e navarra

O grupo de traballo encargado deste novo dicionario, que mantivo a súa primeira reunión, unificará os termos en éuscaro que se utilizan nas cámaras vasca e navarra, e nas xuntas xerais dos tres territorios de Euskadi.

Fonte: El Mundo

Xeral

Segundo un estudo do Goberno vasco, o éuscaro supón o 4,2 % do PIB de Euskadi

O informe Valor e impacto económico del euskera conclúe que esta lingua supón o 4,2 % do PIB do País vasco, o que se traduce nuns 2800 millóns de euros, e xera 56 142 empregos.

Fonte: El Diario

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder