España

O Concello de Vitoria destina 124 000 euros a fomentar o uso do éuscaro na cidade

O investimento de 124 050 euros do Concello destinarase a bolsas e axudas para promover o uso do éuscaro. Preténdese impulsar a formación de persoas adultas e de monitores de tempo libre, así como reforzar a creación cultural nesta lingua.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

A Generalitat de Cataluña pon en marcha un plan de acollida lingüística para os refuxiados sirios

A Dirección Xeral de Política Lingüística está a elaborar un plan acollida lingüística destinado aos refuxiados de orixe siria que cheguen a Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A iniciativa Euskara Plus busca mellorar a capacidade de comunicarse en éuscaro

A asociación Banaiz Bagara pon en marcha en Oarsoaldea esta iniciativa co obxectivo de incrementar a presenza do éuscaro no mercado laboral e mellorar a capacidade de comunicarse nesta lingua.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno navarro antepón o éuscaro ao castelán no seu logotipo oficial

O Goberno navarro modifica así o seu logotipo oficial que ata o momento se usaba en éuscaro ou castelán de forma independente.

Fonte: Navarra.com

Navarra

O Goberno vasco destina 1,5 millóns de euros a programas de fomento da interculturalidade e o reforzo lingüístico

O Goberno vasco aprobou unha orde de subvencións para proxectos de promoción da interculturalidade destinados ao alumnado inmigrante e de programas de reforzo lingüístico do alumnado con dificultades comunicativas nas linguas oficiais de Euskadi.

Fonte: El Día

País Vasco

Preséntase unha proposición non de lei sobre a adopción de medidas de fomento da lingua asturiana

Podemos Asturias presentou unha proposición non de lei destinada a pór en marcha medidas de protección, fomento e normalización do asturiano.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Elgoibar acolle unha xornada sobre a xestión lingüística na empresa

O Instituto de Máquina Ferramenta-IMH foi o escenario da Xornada 30+10 na que se trataron os avances na incorporación do éuscaro ao mundo da empresa, así como os retos aínda pendentes nesta materia.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Propoñen que os policías locais de Vitoria que saiban éuscaro leven un distintivo

A petición realizouna o grupo municipal de EH Bildu que busca con esta iniciativa que se respecten os dereitos lingüísticos dos euscaldúns.

Fonte: El Correo

País Vasco

A Universidade Pública de Navarra e a Universidade Vasca de Verán subscriben un acordo para a promoción do éuscaro

Ambas as institucións subscribiron un acordo de colaboración para a promoción do éuscaro no ámbito universitario que contén posibles liñas de traballo para poñer en marcha.

Fonte: Noticias de Navarra

Xeral

Oito organizacións culturais presentan un manifesto para defender o uso do catalán no Concello de Lleida

Son un total de oito as entidades ilerdenses que presentaron este manifesto para defender o uso do catalán no Concello. Nel solicítanlles aos grupos políticos municipais que non fagan un uso partidista da lingua e que se comprometan coa normalización lingüística.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder