España

O concello navarro de Sarriguren promoverá o éuscaro entre os nenos con campamentos de verán

A localidade Navarra de Sarriguren anunciou a súa nova campaña de promoción do éuscaro entre os nenos, que consistirá en campamentos urbanos de verán desenvolvidos nesta lingua.

Fonte: Sarriguren web

Navarra

En 2014 normalizáronse case 400 palabras en catalán

Durante 2014, o Centro de Terminoloxía do Catalán, TERMCAT, normalizou case 400 termos nun total de 16 sesións que contaron coa presenza de expertos en diferentes campos.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Presentan un novo dicionario de física en catalán

O TERMCAT, a Universidade Politécnica de Cataluña e a Enciclopedia Catalá presentaron o novo dicionario de física en catalán realizado conxuntamente polas tres institucións. No dicionario recóllense máis de 3000 termos desta área do coñecemento.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

España e Rusia celebrarán o ano das súas linguas con máis de cen actos nos dous países

España e Rusia celebrarán máis de cen actos durante o próximo ano para conmemorar o ano da lingua e a literatura rusa en España e o ano da literatura e a lingua española en Rusia.

Fonte: Sputnik Mundo

Xeral

Os Gobernos do Perú e do País vasco estreitan lazos en materia de política lingüística

O País vasco foi o país invitado na Semana da Diversidade Cultural e Lingüística do Perú para falar do proceso de recuperación do éuscaro, xa que no Perú tamén hai unha situación de multilingüismo.

Fonte: El Diario

País Vasco

Denuncian o maltrato ao asturiano na xornada electoral

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana denunciou o maltrato á lingua propia do Principado durante a xornada electoral, dado que nalgúns lugares as papeletas escritas nesa lingua foron retiradas das mesas.

Fonte: Asturnews

Asturias

O modelo B de educación en éuscaro e castelán ofrecerase en formación profesional a partir do próximo ano

O Goberno vasco ofrecerá ensino bilingüe (en éuscaro e castelán) na formación profesional a partir do próximo ano. O obxectivo é continuar promovendo esta lingua e ofrecer ensino bilingüe máis alá da educación secundaria obrigatoria.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

Un proxecto utiliza a lingua latina en Primaria para mellorar a capacidade lingüística dos alumnos

Un estudante de Doutoramento da Universidade de Alacante iniciou un proxecto no que utilizou o latín con estudantes de Primaria co obxectivo de mellorar a súa capacidade lingüística.

Fonte: 20 minutos

Comunidade Valenciana

Un programa da televisión vasca analizará o uso do éuscaro no sistema sanitario do País Vasco

O programa da televisión autonómica vasca Tribuaren Berbak analizará a situación do éuscaro no sistema sanitario da comunidade e destacará a importancia do seu uso cos pacientes.

Fonte: EITB

País Vasco

As probas de acceso á avogacía en Cataluña realizáronse en castelán

Os candidatos á avogacía en Cataluña realizaron as probas de acceso en castelán debido á negativa do Goberno español de organizar estas probas nas linguas cooficiais a pesar da petición da avogacía catalá.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder