España

Reclaman un plan de éuscaro para o Parlamento Foral de Navarra

EH Bildu solicitou a creación dun plan de éuscaro destinado ao Parlamento de Navarra para desenvolver en varios anos.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

España sitúase por riba da media europea no ensino de idiomas en Educación Primaria

Case o 6 % dos alumnos de Educación Primaria en España estudan dous ou máis linguas estranxeiras, cifra que sitúa este país por riba do 4,6 % da media da Unión Europea.

Fonte: Granada Digital

Xeral

A transcrición de voz a texto de Google Drive está dispoñible en catalán

A nova funcionalidade de Google Drive, dispoñible en catalán, permite a trascrición de voz a texto de xeito doado e cómodo.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

"Loreak" convértese na primeira película rodada integramente en éuscaro que loitará por chegar aos Óscar

"Loreak", rodada en éuscaro integramente, representará a España na carreira para conseguir o Óscar á Mellor Película de Fala non Inglesa.

Fonte: Deia

País Vasco

Un grupo de empresas vascas solicitaralles aos seus provedores que ofrezan os seus servizos en éuscaro

Baixo o nome de Euskaragileak, un grupo de compañías organizouse para fortalecer a rede de empresas que desexan traballar e vender en éuscaro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Diario Oficial da Generalitat de Cataluña publica 250 novos termos cataláns

Estes cerca de 250 novos termos pertencen, entre outros, aos ámbitos da agricultura, a alimentación, a botánica, o circo, a economía, o deporte, a industria, a música ou os transportes.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O cine en éuscaro supón menos da quinta parte das producións que se realizan no País Vasco

As 66 produtoras que existen no País Vasco só rodan unha media de dúas películas en éuscaro ao ano dun total de dez que se adoitan producir.

Fonte: El Correo

País Vasco

Máis da metade dos novos condutores de Donostibus deberá acreditar un perfil lingüístico PL1 ou superior

O Goberno municipal de Donostia e o sindicato maioritario da empresa de transportes Donostibus chegaron a un acordo sobre o coñecemento de éuscaro que deben ter os condutores da compañía.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A localidade navarra de Oteiza solicita a súa inclusión na zona mixta segundo a Lei do éuscaro

Oteiza acolleu unha concentración para solicitar que o municipio se inclúa na zona mixta segundo a Lei do éuscaro e que no colexio público se imparta o modelo D de ensino nesta lingua.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A inscrición nos cursos de lingua catalá aumenta un 23 % en Baleares

A inscrición nos cursos de lingua catalá que organiza o Instituto de Estudos Baleares incrementouse nun 23 % con respecto ao ano anterior.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder