España
Ponse en marcha unha campaña para pedir a construción dun espazo de comunicación en catalán
A campaña foi posta en marcha pola rede de entidades Enllaçats per la Llengua e con ela solicitan a creación dun espazo de comunicación en catalán e a reciprocidade de todas as canles de radio e televisión.
Fonte: Mallorca Diario
O Goberno de Navarra pon en marcha o programa Solaskide de reforzo da oralidade en éuscaro
Tras dous anos de interrupción regresa ás aulas, entre o 26 de outubro e o 22 de decembro, unha nova edición do programa Solaskide de reforzo da oralidade en éuscaro.
Fonte: 20minutos
Entréganse en Cataluña os premios ás mellores iniciativas lingüísticas no sector do comercio
A Confederación de Comercio de Cataluña entrega estes premios co obxectivo de recoñecer o esforzo dos galardoados do sector comercial por promover o uso do catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comezan os programas Mintzalagun para practicar éuscaro
Comeza unha nova tempada de programas Mintzalagun nos que o curso pasado participaron 6000 euscaldúns, tanto na modalidade presencial coma en liña.
Fonte: Deia
Máis de 55 000 vascos queren que o éuscaro sexa a lingua preferente nas súas comunicacións orais co sistema sanitario
Esta medida xa está prevista no II Plan de éuscaro e comezou a poñerse en práctica este ano en toda a rede.
Fonte: El Mundo
O Goberno balear e o Concello de Palma de Mallorca colaborarán en materia lingüística a prol do catalán
Ambas as institucións acordaron traballar conxuntamente para maximizar os recursos dispoñibles na dinamización da lingua catalá.
Fonte: 20minutos
O número de persoas estranxeiras inscritas en cursos de catalán increméntase un 5 %
Comparando os datos do primeiro semestre deste ano cos dese mesmo período en 2014, o resultado é que en 2015 hai 2100 inscricións máis, o que significa un aumento do 5 %.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Nace Milmots, unha ferramenta interactiva para difundir e compartir léxico en catalán
Milmots é unha plataforma interactiva para difundir, coñecer e compartir léxico catalán asociado a diferentes municipios e comarcas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Descende o uso do catalán no arquipélago balear
O emprego da lingua catalá descendeu de xeito notable na última década entre a poboación das illas, unha media de 8,2 puntos porcentuais.
Fonte: Menorca Local
Unha sentenza apoia o envío de actas redactadas só en éuscaro
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeitou o recurso da Delegación do Goberno e deulle a razón ao Concello de Irura que enviou información só en éuscaro.
Fonte: EiTB
Boletín
Subscríbase ao boletín