España

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Baleares anuncia a recuperación do programa de voluntariado lingüístico

A posta en marcha deste programa de voluntariado lingüístico realizarase xunto coa asociación cultural Paraula.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

Convócanse os Premios Llanterna Digital para curtametraxes en catalán e occitano

A Generalitat de Cataluña convoca unha nova edición destes premios que teñen como finalidade fomentar a produción audiovisual de curtametraxes en catalán e occitano.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Dous terzos da poboación balear sabe falar catalán e o 94 % enténdeo

Segundo un informe realizado pola Universidade das Illas Baleares, dous terzos da poboación do arquipélago afirma saber falar en catalán e o 94 % asegura entendelo.

Fonte: Cadena SER

Illas Baleares

Solicitan a creación dunha dirección de planificación lingüística na Radiotelevisión do Principado de Asturias

A creación desta dirección de planificación lingüística considérase indispensable para garantir a posta en marcha de medidas nos medios de comunicación públicos incluídas no Plan de dignificación da lingua asturiana.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O impulso do éuscaro será unha das liñas de actuación centrais dos orzamentos do Concello de Pamplona

Na presentación do proxecto de orzamentos do Concello de Pamplona para o ano 2016 sinalouse cales serán as cinco liñas prioritarias, entre as que se encontra o impulso ao éuscaro.

Fonte: Navarra.com

Navarra

O País Vasco e Paraguai colaborarán en materia de normalización lingüística

Os gobernos vasco e paraguaio asinarán un convenio de colaboración para impulsar a normalización do guaraní tomando como exemplo a experiencia do éuscaro.

Fonte: El Diario

País Vasco

Recupéranse os cursos de valenciano destinados ao persoal da Administración de Xustiza

Estes cursos foran eliminados en 2009 e están dirixidos a xuíces, fiscais, letrados da Administración de Xustiza e demais funcionariado do ámbito xudicial da Comunidade Valenciana.

Fonte: 20minutos

Comunidade Valenciana

O Concello de Donostia organiza 150 actividades para conmemorar o Día Internacional do Éuscaro

O 3 de decembro é o Día Internacional do Éuscaro e para celebralo o Concello de Donostia ten programadas máis de 150 actividades.

Fonte: Donostiako Udala

País Vasco

Só un 12,2 % das sentenzas ditadas en Cataluña durante o ano 2014 estaba en catalán

Continúa o descenso no uso do catalán na Xustiza, pois baixou do 12,4 % de sentenzas emitidas en catalán en 2013 ao 12,2 % no ano seguinte, fronte a un 87,8 % en castelán.

Fonte: Abogacía

Cataluña

O orzamento destinado ao asturiano aumenta un 1,2 %

O orzamento dedicado ao asturiano pasa de 1 552 684 € en 2015 a 1 570 664 € e as accións propostas para poñer en marcha son as mesmas que o ano pasado.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder