España

Demandan unha lei de normalización lingüística para que o valenciano alcance un uso habitual no cine ou no ámbito económico

Escola Valenciana demanda unha lei de normalización lingüística para o valenciano e que se incremente o investimento nesta lingua para aumentar o seu prestixio e o seu uso social.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Segundo un estudo, un de cada cinco estranxeiros da Comunidade Valenciana sabe falar valenciano

Segundo un estudo realizado pola Plataforma pola Lingua, un de cada cinco estranxeiros sabe falar e entende o valenciano, porcentaxe que se multiplica por dous na provincia de Castellón.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

O Goberno de Asturias e o Concello de Oviedo reúnense para acordar medidas de impulso do asturiano

O Concello de Oviedo e a Consellería de Educación acordaron impulsar a lingua asturiana. Entre outros temas, analizouse a posibilidade de crear un servizo de normalización lingüística municipal.

Fonte: El Comercio

Asturias

Critican o orzamento autonómico dedicado ao asturiano por consideralo insuficiente

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana mostrou a súa decepción cos orzamentos autonómicos dedicados á política lingüística, un orzamento que supón o 0,04 % do total.

Fonte: El Comercio

Asturias

O Instituto Navarro do Éuscaro impulsará a lingua vasca principalmente no ensino de adultos e nos medios de comunicación

O Instituto Navarro do Éuscaro destinará 1,5 millóns de euros ao fomento da lingua vasca nos ámbitos do ensino de adultos e na súa presenza nos medios de comunicación.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Ponse en marcha o primeiro curso de catalán en liña creado por voluntarios

Un grupo de nove voluntarios creou un curso de catalán na plataforma de idiomas Duolingo e en só tres días xa se anotaron 5000 persoas.

Fonte: El País

Cataluña

Póñense en marcha medidas para impulsar o uso do éuscaro na sanidade pública vasca

A Consellería de Saúde do Goberno vasco puxo en marcha unha batería de medidas co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro na sanidade pública.

Fonte: El Mundo

País Vasco

A metade do novo alumnado da Universidade do País Vasco escolle como idioma de aprendizaxe o éuscaro

Son un total de 4151 os estudantes que escolleron o éuscaro como lingua de aprendizaxe, o que supón o 50 % dos novos matriculados na Universidade do País Vasco.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O 70 % dos alumnos estranxeiros de Primaria e Secundaria do País Vasco estuda na liña en éuscaro ou na bilingüe

Os alumnos inmigrantes do País Vasco matriculáronse maioritariamente en modelos euscaldúns. En concreto, os 2681 estudantes de orixe estranxeira, 1163 escolleron a liña D, en éuscaro, e outros 736, a bilingüe. O resto, 782, fíxoo en castelán.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Preséntase unha aplicación que permite buscar xogos e xoguetes en catalán

Co obxectivo de impulsar o uso do catalán nos xogos e nos xoguetes, o Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) presentou unha aplicación que permite buscar estes produtos e que conta con máis de 600 referencias.

Fonte: Finanzas

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder