España
Un proxecto utiliza a lingua latina en Primaria para mellorar a capacidade lingüística dos alumnos
Un estudante de Doutoramento da Universidade de Alacante iniciou un proxecto no que utilizou o latín con estudantes de Primaria co obxectivo de mellorar a súa capacidade lingüística.
Fonte: 20 minutos
Un programa da televisión vasca analizará o uso do éuscaro no sistema sanitario do País Vasco
O programa da televisión autonómica vasca Tribuaren Berbak analizará a situación do éuscaro no sistema sanitario da comunidade e destacará a importancia do seu uso cos pacientes.
Fonte: EITB
As probas de acceso á avogacía en Cataluña realizáronse en castelán
Os candidatos á avogacía en Cataluña realizaron as probas de acceso en castelán debido á negativa do Goberno español de organizar estas probas nas linguas cooficiais a pesar da petición da avogacía catalá.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A páxina web do Concello de Eibar conta cunha sección especial para actos en éuscaro
A web do Concello vasco de Eibar conta agora cunha sección especial para informar dos actos en éuscaro que se realizarán no municipio.
Fonte: Diario Vasco
Aragón sumará quince centros bilingües máis aos 233 que existen actualmente
O próximo curso quince novos centros de educación primaria e secundaria de Aragón contarán con programas bilingües, sumándose aos 233 que xa existen actualmente.
Fonte: Heraldo
As denuncias por vulneración de dereitos lingüísticos aumentaron no País Vasco en 2014
En 2014, rexistráronse un total de 342 denuncias por vulneración dos dereitos lingüísticos no País Vasco, o que constitúe un aumento do 15 % con respecto ao ano anterior.
Fonte: EITB
Entréganse os premios do Primeiro Concurso de Fomento da Lingua de Signos Catalá
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña entregou os premios do Primeiro Concurso de Fomento da Lingua de Signos Catalá, que recaeron no profesor Juan Frigola Masclans, a escola barcelonesa Tres Pins e a televisión dixital Webvisual TV.
Fonte: La Vanguardia
A localidade valenciana de Benissa fomenta o valenciano a través de obradoiros de dobraxe dirixidos a escolares
O Concello de Benissa organizou unha serie de talleres dirixidos aos alumnos dos institutos da localidade nos que estes teñen a oportunidade de practicar técnicas de dobraxe en valenciano. Con estes obradoiros, búscase a promoción do valenciano e o seu uso social, ademais de incitar á mocidade a consumir produtos audiovisuais nesta lingua.
Fonte: El Periodic
A localidade navarra de Falces celebrou unha festa para reivindicar o éuscaro
A localidade navarra de Falces celebrou unha nova edición da festa Euskararen Eguna que reivindica a normalización do éuscaro nas localidades pertencentes á zona non vascófona de Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
Dous terzos dos estudantes vascos realizarán as probas de selectividade en éuscaro
Os estudantes vascos que realizarán as probas da selectividade en éuscaro no País Vasco supoñen dous terzos con respecto aos que as farán en español, unha diferenza que é aínda maior na provincia de Guipúscoa.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín